Apple
Amolado (No Comments)

Hoxe estou amolado. Teño o portátil nun estado lamentable. Estou pensando en formatealo. Nunca pensei que chegaría ata este extremo. O homiño ten unha mente de seu, non sei se lle gustará que lle ande nas neuronas.

Do día para a mañá o antivirus desapareceu. Levado da man do demo, diría miña tía-avoa. Hai misterios que trascenden máis alá da carne. Como os carritos do supermercado que se botan a andar ou como a máquina que non che quere dá-lo cambio porque esta mañán non te afeitaches.

Esta nova argallada pode deixarme un ou dos días tirado, xa sabes, volver a cargar tódolos programas, configura-los servicios, correo, mete-las claves…unha traballeira para tan pouca canteira.

Anímicamente estou baixo. Doume conta de que teño certa dependencia e descoñezo si é bo ou non. Pero aparte da faceta lúdica e creativa que che brinda, tamén deixa un oco no funcional. Hoxe necesito o ordenador na miña vida.

Agora explícalle esto a alguén. Non teñas medo, a comprensión e a pena virán por tódolos currunchos. Compadézoche home, menuda cabronada - din os teus amigos- pero será por pouco tempo non? Ogallá non sexa nada. A noticia corre como a pólvora e aqueles cos que te emeilabas xa non reciben as túas cartas. Os correos tampouco chegan e o emule está parado, sen subida nen baixada.

Aproveitando que agora voltamos de vacacións, fálase moito do trauma posvacacional, especie de gripe que un colle cando volta á casa. Xa nos apresuramos a detectalo e mesmo xa o dotamos de terapia para superalo.

Do mesmo xeito non habería que poñerlle un nome a certos síntomas que aparecen cando o ordenador cesa?

Non me cabe ningunha dúbida que causa estrés e desacougo naquel que o sofre.

Saber que teño que pasar dous días sen ordenador amólame.

O mundano (No Comments)

Oín onte con estupor que a igrexa ( con minúsculas), abría o abano de pecados a repartir.

A sensación de culpa e de pecado estabase a perder - argumentaron eles para esta subida impositiva. Non hai máis remedio, sentímolo moito. Había acompasamento nas tribulacións, por fin! Pecados novos para tempos novos- pensei. E absolucións novas para vellos vicios.

Mesmo pensei que o posmodernismo estaba indo demasiado lonxe no seu empeño de limar as aristas do iceberg (moral-normas). E acordeime tamén do empeño e sacrificio que asume diariamente Rouco Varela para salvalas nosas almas. Aproveito dende aquí para pedirlle que non cargue na súa cruz os meus pecados, que son moitos e pesados.

O dito anteriormente non tería sentido se non fose polo libriño que me deixastes sobre Steven Pinker. Estoume a referir ó que Gilbert Riley chamou o “fantasma na máquina”; esa crenza que nos fai ser máis do que a bioloxía revela. Pataleta do home que cambia o discurso e extirpa as esquirlas de toda a súa animalidade. Todo por voar, por despegar deste corrillo de especies que o avergoña.

Mentras non defina o que é vagará sen rumbo e de forma perigosa. Saber que é o home será o primeiro paso que teña que aclarar para soltar tanto lastre innecesario.

fragmentos rendidos 2 (No Comments)

Fragmento que reflicte a espera preocupada do periodo de prácticas:

“…Para un estudiante de segundo que vai por primeira vez ás practicas esto impón , creanse expectativas que poden malograr o resultado final se non existe previamente un tempo de reflexión .

A vocación axuda pero debe de aliarse con outros elementos que demandan previsión, coñecemento, habilidades, etc.

A tarefa é dura; observas as túas carencias na teoría, o teu inglés poida que non sexa o suficientemente bó, careces de habilidades necesarias para manexa-la situacion; non te sintes preparado.

E acórdome daquel refrán que me di “ ninguén nace aprendido�, que a experiencia ten que vir dada pola vivencia do feito, e o aprendizaxe,o seu resultado, necesita ser valorado e analizado de maneira crítica e obxetiva. Como o estudiante de químicas que abandonando a aula sumérsexe na experimentación do laboratorio, e só alí encontra o seu lugar e a súa tarefa; así nós temos que experimentar nas aulas, tratando de mezclar ingredientes, atopar fórmulas que nos permitan acadar e mellorar resultados. Agora ben, o mestre traballa con nenos, non con reactivos. A diferencia é que uns son imprevisibles e outros previsibles. Así é a condición humana.

Sen embargo, tamén intuio que hai outros procesos contrarios á lóxica recibida: o desaprender como proceso oposto que cuestiona ou derruba modelos que se ben están implantados como lapa na rocha, pode que necesiten revisión e mesmo outros enfoques. É a peaxe ou ceguera do momento sincrónico. Só dende a diacronía das actuacións as cousas teñen sentido e movimento. Así tamén é o devir humano.

Outro aspecto que me preocupa é a aproximación ó escolar; debe ser coidada , respetuosa e chea de sensibilidade. ¿Estamos preparados para manexar este valioso recurso? ¿Cómo interacciono co neno/a? ¿Cómo debe ser a miña aproximación no trato, consello, proceso de ensinanza-aprendizaxe?

Ninguén posúe un manual específico de actuación; todos sabemos das xeralidades de cómo actuar en determinadas situacións, de solucionar problemas en determinados marcos, aínda que este entorno cambiente está suxeito a novas realidades impostas dende unha sociedade que muda nas súas formas e modos.

A observación non deixa de ser importante nos primeiros días. Hai un dito inglés: “En Roma fai como fan os romanos�. Observar e interiorizar as rutinas que practican os mestres do centro posúen unha gran forza gravitacional. Arrimarse a elas ou afastarse pode significar ser engulido ou confrontado. Calquera persoa que exerceu antes un traballo entende da mutua relación de forzas que se establece entre o mestre e o aprendiz. Vou con ideas propias, pero ¿deberán ser estas expostas e practicadas ou plegadas e alienadas ó espíritu da comunidade educativa de turno? Ben, aquí pode haber diferentes aproximacións. Verás seguramente xente que xa se rindeu, outros que manteñen ese espíritu insatisfeito que os levarán a mellorar, innovar. Outros non contestan ou están ausentes. ¿De que parte estarás ti? Pero o máis importante; ¿En que bando acabarás?

Esta primeira aproximación á escola inícianos tamén no mundo laboral. É importante non descoidar esta nova situación xa que imos traballar con compañeiros/as. O roce é continuo, o trato constante. Esto implica fontes de conflicto que deberemos xestionar satisfactoriamente. Necesítase decoro, paciencia, empatía, sentido común e moita educación emocional.

Pero se hai un temor que nos ronda, este é a nosa capacidade de ensinar. Non temos experiencia. Toda a teoría que inunda as nosas carpetas non chega. A memorización de contidos ten agora unha boa excusa para encarnarse. Sentímonos desamparados e sen método. ¿Será preciso un paso previo a este destete?

Practica versus teoría. No eido da facultade tense por certo que é nas prácticas onde se aprende, e preséntase a teoría como algo necesario pero prescindible. ¡Onde se aprende é na práctica! – óese por aí. Agora ben, a teoría é o noso marco de actuación, por eso hai que tela presente, coñecela. Este aspecto presentarase a nós como unha realidade máis da escola que imos atopar. Estamos diante dunha microsociedade que se rixe por normas, decretos, regulamentos. Un mundo con ideario, proxectos educativos que necesitan ser interiorizados e que as veces teñen unha liña moi fina.

Non debo olvidarme tampouco dos tempos, dos espacios, como coordenadas físicas nas que gravita a escola. Coñecelos e analizalos nas súas dimensións é obrigado: recreos, bibliotecas, pasillos, xogos, agrupacións, aulas.

Todas estas realidades van a ser proxectadas e confrontadas coas nosas expectativas. Daquí a miña reflexion deste periodo educativo de cuasi-plenitude. Dicía o meu coordinador na presentación que é un momento de desorientación xa que non tes un acomodo doado neste organigrama.

Non quero pasar por alto a axuda que nos brindan os documentos sobre as prácticas. É un pequeño manual de bolsillo, coa roupa imprescindible para esta viaxe. Cando un desembala un producto sempre agradece se trae un manual “.

FRAGMENTOS RENDIDOS (No Comments)

Con este título quería achegarvos, mediante pequenos fragmentos, algúns sorbos da miña experiencia que recollo no Practicum I e que forman parte da memoria.

Vaian pois por diantes as parolas:

Primeiro fragmento: ” Reflexións previas ”

 ” …O primeiro instrumento que empregas como mestre en prácticas é a observación. É por aquí por onde se empeza cando non hai experiencia. O mestre en prácticas observa este novo escenario; ten certa avantaxe ó coñecer certos aspectos e códigos da escola.  O seu referente máis inmediato é o titor/a que o acompañará durante este mes de prácticas. Esta figura, con maior ou menor experiencia, guiará, aconsellará e acomodará ó novo “inquilinoâ€?.

Tense falado moito do inevitable influxo que exercen estas interaccións: mestre-titor - mestre en prácticas.

Teño que confesar que a primeira reacción nesta nova relación é de respeto, quizais motivado polo rol do mestre como garante e representante da institución; figura que, de forma oculta,  funciona como elemento xerárquico.

Esta posición de forzas na que se move  o mestre en prácticas, que ó meu entender é de   inferioridade ou cando menos de incertidume sobre as súas obrigas e dereitos, dá lugar a procesos curiosos como a aceptación de normas e consellos, que aínda sendo discutibles ou mellorables tómanse como correctos e incuestionables, e que na maioría dos casos non fan máis que perpetuar as prácticas educativas xa existentes. Agora ben, ¿non é lícito que o mestre en prácticas queira expoñer e dar a coñecer o seu estilo, a súa visión ou no mellor dos casos a súa metodoloxía sen verse presionado ou fagocitado polo mestre titor ou ideario do Centro?. Pero ¿que pasará cando ámbolos dous coincidan despois dun inicio de desencontros?

Nesta pequena introducción sobre as prácticas escolares quixera expoñer, aínda que de forma intimista e ata diría inxenua, o inicio da miña xornada na realidade escolar. Do mesmo xeito que cando un planea unha viaxe, facemos previamente unhas pequenas notas dos sitios que imos visitar, da roupa que levar, do presuposto que gastar, etc, así o mestre en prácticas deberá asumir unhas expectativas e intencións coas que comezar. Nada mellor que unha reflexión que prepare e achande o noso breve paso nas prácticas escolares “.

A IMAXE ESQUIVA (No Comments)

“The way we see things depends entirely on what is in our hearts”

Maitreya Buddha

As imaxes que colguei, tanto no blog coma no virtualfolio teñen unha razón ¿ou non?. Volvín a mira-las imaxes outra vez, pero de outro xeito. Escudriñando qué provoca a elección e a temática. ¿Faise de forma aleatoria ou hai intencionalidade? ¿ De qué sentido a dotará quen a vexa?

O pensamento traballa con imaxes e conceptos. Somos unha tribu icónica que vive nunha iconosfera. Desto non hai dúbida. Nos blogs puxemos texto e imaxes. Entendimos aquelo que se nos transmiteu coa palabra. Pouca marxe para o erro na decodificación. Sen embargo as imaxes que colgamos abrían o campo para a interpretación. Recordo aquela imaxe que foi tan amplamente contestada no blog. As opinión tan diferentes mostraban o verdadeiro ser da imaxe: a súa polisemia. Non podía ser doutra maneira.

Aventuremos por un momento que o espectador ou persoa que ve a imaxe depende nese momento de variables como: estado de ánimo, natureza da imaxe, contido, color, con ou sen texto, raza, relixión, teorías personais, etc. Polo tanto toda interpretación que se faga dunha imaxe terá aquí parcelas de intencións, e estará en definitiva suxeita a factores ambientais e xenéticos.

Pero non olvidemos tampouco a posición que adopta aquel que colga a imaxe. E por eso pido que te aventures de novo e penses nas razón que elixeu para esa imaxe e non outra.
Algo pasa pola túa mente ou quizais polo inconsciente que dispara con precisión a escolla.

Enfrontados estos dous elementos asumen agora unha perspectiva centrífuga. O autor da escolla retírase e deixa paso ó público que interpreta e analiza a “súa” decisión materializada. Expoñendo a súa imaxe ós internautas deixa orfa de contido a razón primixenia. Xa non importa. Agora a imaxe perde ese valor coa que naceu e outros disputan poñerlle o cascabel: o novo cuño, un novo significado. Sexa cal fora a resposta parece estar mediatizada pola cultura. Certos códigos son tan familiares que non necesitan demorarse e pasan a ser os primeiros alfinetes na prenda.

Pero se construimos a nosa realidade de forma subxetiva, ¿deberían as imaxes ser un discurso difícil de descubrir? Despois de todo ¿o proceso mental que levamos a cabo mostra ter a misma natureza para a construcción e a deconstrucción do significado? Procesos inversos pero xemelgos.

O valor da imaxe hoxe en día, que parece medrar expoñencialmente, anima a non descoidar unha correcta lectura e interpretación. Agora ben non se trata de homoxeneizar o discurso, nen moito menos de uniformalo.

Penso no cadro de Picasso “O Guernica”. Seguramente un non coñeza cousas relevantes sobre o autor, o contexto económico, social, histórico etc. Pero aínda así emitimos a sensación que nos produce, de forma lexítima e irrefutable.

Sen embargo o ambiente académico ten que ir máis lonxe e introducir ferramentas que faciliten a comprensión da imaxe, aínda que supoña encorsetala e desproveela de singularidade. Dito de outro modo ¿será preciso introducir nas nosas aulas elementos que se ocupen da imaxe para o seu unequívoco desciframento? Recorda que o mundo audio-visual é cambiente, polimorfo, asociativo, metafórico. Semella pois que se intente poñer normas que ordenen o fluxo inxente de información. Cando un ve a imaxe ou símbolo que mostra “radioactividade” a comunidade está avisada e todos comprendemos. Agora ben se esta é cambiante e aleatoria o lío está montado.

De aí a dificultade de valorar unha imaxe. Non hai empirismo; só ti ante ela e no medio toda a túa cultura.

NOTA QUE NESTE POST NON PUXEN IMAXE. ¿CAMBIAR�A O DISCURSO?

A RESPOSTA HONRADA COMO DESPEDIDA (No Comments)

insuas.jpg

Así podería ser chamada a emoción. ¿Se é resposta, a que contesta? E
sendo natural e de familia ben nacida,honrada e cristiana vella ¿ por
que se mostra diferente e subxetiva?

 

Durante este curso as novas tecnoloxías ensinaron os dentes. Espadas no
alto e o camiño afiado- pensei. Eran os primeiros días. Non tiña moita
idea ó principio de qué trataba esta materia cuatrimestral. Os programas
convén miralos. A primeira radiografía da materia ten que vir dada polo
programa. Aquí xa pode haber unha primeira emoción vinculante coa
asignatura: ¿ Gustarache?. ¿Será fácil ou difícil?. ¿Terá ou non
utilidade?. ¿Qué relación terá co currículo?. ¿Quen a dá? ¿Será home ou muller, vello/a ou novo/a?
Chega o primeiro día. Adriana… bueno, non vos presentei a Adriana.
Adriana é a miña mestra de novas tecnoloxías. Recordo o ruído de tacóns
polo pasillo. Un andar moi peculiar, como de tango.
Era unha muller ben entrada nos cuarenta, eu diría 45 anos, con
acento…non estaba moi seguro de onde situala. Despois dixéronme que
era arxentina. A impresión foi agradable.

 

A aula era de tipo convencional: un cadrado con ordenadores. Moi
clásico. Sobre 10 compañeiros. Cada un coas súas peculariedades. Había moita diversidade en habilidades dixitais.
Estou por afirmar que en todo o curriculo de maxisterio esta materia
móstrase como a máis diversa e rica de matices. Os alumnos, co seu feito
diferencial, marcan o ritmo da clase.
Preguntounos algunhas cousa. O intercambio non tardou en aparecer.
Contestábase.
E fumos descubrindo que a un gustáballe navegar por internet, outra
prefería chatear de vez en cando e outro xogar á consola. Adriana
intentaba situarnos, saber das nosas posibilidades, saber de qué
posición partiamos. A evaluación inicial ía en camiño.
O tempo ía pasando, unha hora…dúas horas…tres horas.
Fixemos un blog. Sempre quixen ter un blog; escribir, que me escribiran,
comentar e que me comentasen. O titulo foi ” Camiñemos”. Empecei
paseniñamente, sen grandes alardes, cun presuposto xusto. E nesa
construcción bloggeriana, facialle visitas ós meu compañeiros para ler o que poñían
nos seus. ¡Benditos esos enlaces, que como vectores transmiten a epidemia!
Foi revelador comprobar como o blog nos daba a coñecer un pouco as
vivencias que uns arrastraban, os problemas que soportaban. Axudou a
coñecernos un pouco máis, paradoxicamente no plano persoal. Falamos un pouco dende a perspectiva da nosa vida. Co peito aberto. No aire había arumes nada tranquilizantes.
Emocións de tódolos calibres. Estou agobiada- dicía unha.
Gonzalo no seu blogón poñía…”e asi pasa o tempo, e aumneta
frustración. consegues recuperar os arquivos que considerabas perdidos.
e daste por satisfeito!!!! total duas horas en fronte o ordenador pra quedarte como estabas.”
Linda no seu blog escribía: .”…ultimamente las clases de NNTT me
suponen una presión extra sobre la cabeza sin saber demasiado bien pq
está causada…”
De pronto tiña a sensación de que había máis xente infectada.
Preguntabame por qué a xente estaba tan agobiada. Eu podo apuntar unhas
poucas causas- dixo un. Oiamosche entón. Esta materia debería ser anual.
Facelo nun cuatrimestre crea sensación de empacho, de mala dixestión.
Xa,- dixo outro- tamén a mestre podía meter menos caña. Entre estos
vericuetos andaba o conto. Por se fora pouco as prácticas intoduxeron
outro elemento disruptor. Sen dúbida, dende a primeira concreción
curricular debe vir a mellora para adaptarse ás esixencias que se lle
vai a demandar nesta nova sociedade.
Os obxetivos acadados poden quedarse curtos ou sendo políticamente
correcto debera dicir que os obxetivos mínimos están acadados. Pero esta
materia ten que ser máis importante, por ser expoñente de futuro
asociado ó humano. É o seu fémur, a súa ferramente para escachalos osos
e beber os tuétanos. ¿Alguén o concibe doutra maneira?
Asusta pensar a veces. Unha emoción de freno poida que che sacuda. Mesmo
pode reventar a túa cimentación ética e moral.
Descubrir un mundo con siglas novas creaba rexeitamento. O novo ten
difícil arraigo. É refrán de vellos.
Pero ese arraigo tampouco o vimos nas prácticas. A escola fóisenos
mostrando esquiva coas novas tecnoloxías, tamén aquí había problemas coa
súa efectiva implantación. E entendín o esforzo que se espera de nós
para revertir esta situación. Que as novas xeracións necesitan mellorar
ás previas é condición básica para que se produza unha dinamización nas
tecnoloxías.
Pero unha materia non a podes disvincular de quen a ensina.Van
asociadas, e o tratamento que lle dá a mestra xerará unha impronta que o
estudiante decodificará en termos de coste e beneficio, a saber: difícil, chupada, pan
comido, aburrida, práctica…etc. E foi nas primeiras semanas cando se nos revelou
o espíritu da materia. Pintaban bastos- pensei.
Adriana foi tirando de nós, sempre coa zanahoria diante da nosa boca.
Botounos un bo pulso - penso agora. Porque certamente púxonos
contra as cordas, mesmo nos pudo noquear se quixera, pero tamén houbo
adecuación co curriculo. Non se trataba de facer unha carnicería… que
puido habela, pero tampouco se quixo facer ensañamento. ¿ Verdade ?
O traballo en grupo mostrounos as miserias que traiamos. Pero tamén
trouxo a divesificación das tarefas. Mostrou a importancia de
xestiona-la información dentro do grupo de forma democrática.
E os traballos fóronse parindo. Viñeron os cmaps ó noso rescate, a mensaxe era: reelabora a información e convírtea nun byte.
A páxina web tivo unha carga emocional en min. Era unha maneira de proxectarme ó mundo, aínda que dunha maneira local. Pasaban os días e as horas. O precio deste lanzamento foi moi caro en canto a costes de tempo. O tempo foi moi superior ó resultado acadado. Agravado tamén por certos problemas técnicos as accións parecían abocadas ó fracaso, frustración, perda de tempo, non productividade, desánimo, derrotismo.
O portafolio é un termo que non lle pega nada co mundo das tecnoloxías. Eu chamarialle un virtualfolio que ten a capacidade de cosificarse mediante unha impresora. Agora que o penso ¿cal foi o criterio para a súa realización? ¿Foi a gradación de menos a máis? Aquí houbo moitas maneiras de afronta-la carreira: estaba a fábula da tartaruga e da lebre, outras viñan de relatos bíblicos: “los últimos serán los primeros” e así cada un fixo seu o verbo de Esopo. Pero a cousa máis novedosa é que cada un de nós fixo un seguimento do compañeiro, mesmo con criterio para avaliar e ser avaliado ó mesmo tempo. E aparte, a mestra como elemento metacognitivo tamén actuou.
Un dos perigos agora é darlle continuidade a esta aprendizaxe. Incorporala á nosa vida, usala na escola, na casa, na universidade. Que non sexa unha illa no océano, un pesadelo de catro meses que por fin remite.
E por último viñeron as webquests. Tiña visto algunha xa anteriormente e sempre me pareceron moi interesantes, pero cando agora es ti quen ten que elaborala, a verdade é revelada. Hai certa dificultade na súa elaboración que aconsella reflexión e práctica.
O verdadeiramente intrigante é a multitude de construccións que che permite abordar calquer concepto ou contido a ensinar.
Autoevaluación:
- é unha carreira de fondo, non é bo empazar demasiado forte. Esto seguramente me pasou a min. Empecei ilusionado e cheguei á linea de meta moi xusto. Levariame un par de folios dicir por qué. Adianto, en todo caso, que factores ambientais e emocionais influiron. O corte de ritmo que provocan as prácticas afectoume. Pero ¿por que?
De pronto deixo de escribir no blog, a páxina web non é ampliada. Estou ausente dos foros. Unha estrela que se extingue no ceo e deixa de brilar- así me sentía.
Aquí hai unha lección que sacar.
- En grupos creo que funcionamos ben. Xuntámonos tres persoas moi diferentes en canto a capacidades e habilidades e fixemos un bo caldo, aínda que mellorable en moitos aspectos.
- En actitudes puden ser máis discreto na aula. Bo compañero e sempre con gañas de axudar. Paciente co ordenador. Venceuse tamén certa aversión ás tecnoloxías.
- Pero se hai que xuzgar o aprendido este é moito. Tanto coñecementos teóricos como prácticos. Certas bases están sentadas. Pero foi un comezo e algo de músculo fixemos.

 

Ben Adriana, douche grazas polo teu empuxón, por motivar. Dialogante si. Como un dios xusto espera pola colleita, e alí contará o grao e separará a palla. E ai daqueles que sestearon nos silares. Apretabas pero sen afogar.
Espero volver a contarche algo máis. Non quere ser unha carta de despedida, senón unha reflexión para continuar.

 

Ata a próxima.

A sombra da pizarra é alongada (No Comments)

Mallas

Hoxe tivemos clase co segundo ciclo de infantil (5 anos). Pepe, -díxome a mestre- ¿que tal se hoxe levamos os nenos á pizarra dixital?. Adiante- respostei.

A primeira sensación que che invade é ¿portarase ben o software e quizais o máis importante: o hardware? As máquinas parece que as veces teñan unha mente propia, mesmo parecen dotadas de libre albedrío,con elas non funciona a ameaza, elas non sinten empatía pola túa frustración, non fan caso a súplicas, berros, tiróns de pelos,… son en definitiva insobornables. Fíxate cómo serán que aínda poñéndolle un millón de euros encima da mesa din non e punto pelota. Aspecto interesante este, sobre o efecto emocional que nos está a imprimir nesta singular interacción:o animado fronte ó inanimado animado, ou a historia dun amor descarnado sen regras.
O segundo asunto complementa ó primeiro pois tivemos que perder 10 minutos por un par de achaques tales coma que na pizarra o arrastre dos obxetos encontraba resistencia e para mover unha peza había un coste de 5 intentos de media. Primeiro problema, referido ó tempo que pode mellorar.

As saídas dos nenos á pizarra fixéronse dunha maneira individual, polo que non puideron repetir, traducido en interacción serían de 1 minuto de manexo e 30 m. de opeando pasivo. Un alto coste para o aprender facendo. ¿máis pizarras tal vez? Mellorable.

Outro elemento a considerar son as sombras chinescas que constantemente se están a proxectar na pizarra por parte dos nenos. Foron aleccionados a arrimarse ós lados evitando así oscurecer a pizarra. Pero unha y outra vez invadiron a zona. Mesmo eles eran incapaces de ver as figuras porque as tapaban coa sombra. Aquí habería que introducir elementos lumínicos máis tenues, evitando sombras. A solución é clara.

Tamén deberá ser moi doado prover ás patas da pizarra mecanismos que faciliten subir e baixar a pizarra dacordo coas alturas dos nenos. Os nenos daban saltos intentando tocar obxetos, como intentando tocar a lúa. A mestra e eu estivemos un bo rato levantando ós nenos en aupas para que chegaran. Esto afórrache ximnasio.

E para cando chegaban produciase un manotazo de amigos, desos fortes que fan dano. Dixémoslle mil veces que con pulsar co dedo bastaría, pero eles crían ver un mosca pousada na pizarra que merecía ser espapada. Hai que traballar a motricidade e moi especialmente un aspecto novo na ensinanza: a sensibilidade dactil. Como aquel que escribindo na pizarra tradicional rompía catro ou cinco tizas pola excesiva presión. Dálle un ordenador a teu pai ou nai e verás un comportamento igual ante o feito. Esto é moi interesante xa que introduce algo moi importante: a ecuación neno - adulto é similar.Pregunta:¿podes pensar en moitos elementos que concurran deste xeito?

O comportamento da clase, a súa xestión como grupo é máis doada para o mestre, e a atención dos nenos foi ben mantida. O maestro funciona como un buscador de recursos e proxector de actividades. Está na súa salsa, dirixe a banda, pero de vez en cando hai rock and roll. Manexa ben os tempos, domina á clase, interacciona cos nenos e coa pizarra,sen olvidar manexar o ordenador, e tamén resolver problemas técnicos. Temos por tanto unha sesión dura, algo que non debera quedar ó azar. É recomendable non improvisar e preparar de antemán clases de este tipo de forma máis eficiente.E non olvides apagar os aparatos.

Teño algunhas reflexións máis pero invítovos a que se tivéchedes experiencias coas pizarras as comentárades.

Unha mirada (No Comments)

 Panorámica

Abreuse unha porta e pasamos todos. Poñía sala de informática. Estaban todos alienados na parede facendo un cadrado irregular. Tantos coma 12. A clase empezou a sentarse. Primeiros rifirrafes polo control do ratón. A clase era de 24. Déronse as instruccións, escuetas pero claras: non fedellar onde non se debe. Cargáronse os ordenadores cos programas e a función empezou. A mestra e eu estivemos toda a clase atendendo a problemas como voltar atrás unha páxina, ir a menú, cousas de pouca monta. Dende logo ver a estos nenos de 7 anos xogando co softwarwe educativo foi unha grata sorpresa. Bo manexo e gran intuición é o que caracteriza a estos nenos. Analizei a teoría do aprendizaxe que tiña o software. Totalmente conductista, mesmo ó final das actividades mostraba un SCORE de puntuacións . Aquí está o terrón de sucre dos cabalos, a palmada na espalda pola cousa ben feita. Se non acertabas non pasabas a outra ventá, alí retido pola impotencia estaba o neno atascado. De pronto: ¿teacher cal é a resposta? Agora ben o meu papel de guía pasou a ser o de resolvedor de preguntas. ¿Aprendería o neno desta situación inconclusa, contestada e resolta polo mestre, preguntábame? Recordoume entonces ó gran Vigotsky, ¿onde estaba a zona de desarrollo próximo?, ¿produceuse andamiaxe por parte do mestre, e de ser así que efecto produciu no neno,¿houbo cambio, aprendizaxe? Aquí non me interesa o proceso cognitivo que puidese levar a cabo o neno, poden ser só suposicións,cábalas.¿Como podo eu medir ese feito? Seguramente na próxima vez que se enfronte co problema, e sexa él capaz de resolvelo por si só. Se o pasaron guay ou non, é materia para a socioloxía, estadísticas ou emocións.

A min interésame o proceso ensinanza-aprendizaxe, e a forma da que se leva a cabo. Se o docente coñece este aspecto mellorará moitísimo a educación dos nosos nenos.

Exit-Enter ¿Onde estás ti?

O empecinamento do erro (1 Comment)

un exemplo

Levo uns días lendo as opinións dos compañeiros tanto nos blogs coma nos foros. Cando se fala sobre aquelo que ten relación coas novas tecnoloxías faise en clave de cuantificación. A nosa reflexión cíñese ó número de ordenadores dos que dispón a escola, o uso que fan os nenos nas clases de informática ou a súa inclusión en certas unidades didácticas. Esto pode ser importante, pero semella unha miopía non ir máis alá.

Creo que debemos fixarnos nos novos condicionantes que guían os procesos ensinanza-aprendizaxe e como o uso das tecnoloxías influirán no eido educativo dende distintas perspectivas. Por poñer un exemplo, diría que hai un medicamento novo na botica e todavía non sabemos dos efectos secundarios que posúe.

Investigar, contrastar estas novas relacións debe ser tarefa dos docentes pola súa proximidade ó feito. Son estas as observacións que debemos escudriñar e non quedarse no reconto de cantas ovelliñas ten o pastor, senón que, como, de que maneira son as relacións que se dan entre elas.

ANIMO CAMARADAS (No Comments)

nÃscalo-rovellón

Hoxe levanteime pola mañá cunha nova ilusión, dígovos que era todo adrenalina. A mañá era fría, de auganeve, con moita follasca a voar. Os pais cos nenos agolpábanse ateridos fronte a entrada da escola. Adormilados uns e outros vivos como centellas cravábanche os ollos. Bendita cousa, abríronse as portas e pouco a pouco íanse desvanecendo polo laberinto de pasillos. Recordoume un pouco a unha factoría, cada traballador collendo as súas posicións.

Coa miña titora subimos ós nenos á clase. Todos en fila india, como formiguiñas por un sendeiro. O último en entrar fun eu. Estaba tranquilo, demasiado tranquilo, pensei.

E foi transcurrindo a mañá e a miña sensación era boa. Mesmo eran as dúas e eu pensaba que todavía era a unha. Cando desfrutas o tempo vaise. Non paras, ponche en forma.

Recordades que na última clase de nntt (os do xoves) comentaba a necesidade de fedellar nos aparatos e saeu a colación o da pizarra. Ben, penso convencer á mestre para que o intentemos, xa que ela tampouco sabe manexala. Non se usa porque non a saben manexar. Hai que intentalo, non será por ganas. Agora ben, tamén dixen aquel día que había aposibilidade de lle facer unha pequena avería. Esto non me botará atrás. Se non o intentas, non hai aprendizaxe. Mensaxe optimista: quen quere, pode.

Espero que disfrutarades deste día. �nimo, adiante camaradas:¡A LAS AULAS!