por fin!
Posted Febrero 21st, 2008 byCategories: General
Que tal? AÃnda que precisei máis tempo do que nos deran nun principio, quero dicir que puiden facer a miña páxina web- portafolios, por fin!. Sangue, suor e bágoas, pero aà está, na páxina da USC. Se mo chegan a dicir hai pouco tempo non o crÃa nin eu. Pero, como todo, é cuestión de insistir, e insistir… e fun eu soa a que o fixen e refixen ata conseguir que estivese como eu querÃa. Xa me pasaron todos os males. A impresión de inutilidade que sentes cando non saen as cousas quedou atrás. E tiña que dicilo. Tamén vin que algunhas compañeiras e compañeiros o manifestaban ao rematar. E é certo que se necesita expresar, pois o sentimento supera a mera satisfacción do traballo feito. Cando algo ten especial dificultade, o remate ten un aire de festa, mesmo de felicidade absoluta, de comuñón co cosmos…non sei, dá gusto. Comemos o mundo? va que si?![]()