Empezando o ano e continuando coas novas tecnoloxías!

Enero 3rd, 2008 by rocioeiras | No Comments »

 

Feliz   ano 2008 para todos!! Navegando por internet, atopei esta páxina dun profesor que imparte diferentes materias nun colexio de León. Pareceume interesante o artigo que el comparte nesta páxina , relacionado coa Educación Tecnolóxica, e onde se presentan diferentes tipos de actividades que poden levarse a cabo na aula gracias ás TICs. Así que aquí deixo o enlace para que podades votarlle un vistazo.

http://mitarima.wordpress.com/category/tics-y-educacion/


Ano novo, vida nova!!

Diciembre 27th, 2007 by rocioeiras | No Comments »

Hoxe volvín a visitar de novo este pequeno recuncho que moi pouco a pouco vai engadindo novedades acerca do meu percorrido polas novas tecnoloxías. Estes días entereime de que miña irmá acababa de quedar gañadora dun concurso de fotografía en Lisboa, baixo a temática de “Ano novo, vida nova”. Así que decidín incluir a foto no meu blog, porque me pareceu unha boa imaxe que ben podería reflexar tamén a necesidade que hai nestes momentos de irse desprendendo dos recursos educativos máis tradicionais, deses que poboaron as nosas aulas durantes anos e pasar a darlle cabida ás novas tecnoloxías para así conseguir crear contextos educativos máis acordes coa sociedade que rodea ós nosos alumnos. A calidade que puden conseguir da foto non é do mellor, síntoo!!

Eu relacionaría a parte izquierda da foto con pequenas imáxenes que nos levan a pensar na realidade dunha aula onde continua a presencia das metodoloxías tradicionais, das clases marcadas polo ritmo da profesora, da pizarra, dos libros de texto (e penso que aínda quedan moitas por ahí!!). Quizáis se deba ó forte enraizamento no pasado das xeneracións máis vellas, quizáis á comodidade de probar algo novo, quizáis ó medo pola falta de preparación, quizáis a…un largo ”quizáis” que esperemos tenda a ir desaparecendo se queremos ver medrar ós nosos futuros alumnos dentro da realidade social que os rodea.

 

Pola contra, a parte dereita da foto, a imaxe da rapaza que se decide a deixar atrás  todo o vello,  todo aquilo que no seu momento puido ser útil pero que agora hai que deixar atrás sen medo, para entrar con forza nunha nova etapa da súa vida relacionaríaa con esa necesidade imperial de face-lo mesmo dentro do sistema educativo. Debemos propoñernos levar ás nosas aulas,  todos aqueles recursos que nos poidan servir para enriquecer o método de ensino aprendizaxe, tanto noso como dos nosos alumnos, sen medo a ir deixando atrás aqueles recursos que tanto apoiaron a docencia no seu momento pero que na actual sociedade da comunicación e da información axundan máis a empobrecer os contextos educativos.


Por fin volvo ó meu diario!

Diciembre 4th, 2007 by rocioeiras | No Comments »

Por fin, hoxe decidín voltar ó meu diario, a este rexistro por escrito do desenvolvemento da miña aprendizaxe no campo das TICs. Facía xa tempo que non visitaba esta páxina persoal, non por deixar de tela en conta, senón máis ben porque ata agora estiven intentando asimilar todo este compendio de contidos tan novos para min. No comenzo do curso, resultoume fácil ir “dixerindo” os diferentes conceptos que se iban plasmando nas clases pero, de súpeto, atopeime rodeada de toda unha terminoloxía que escoitaba por vez primeira ¡qué sensación máis decepcionante!! A punto estiven de abandonar, falta de tempo, sentíame perdida, invadida por coñecementos que urxía manexar moi pronto e que a min me costaba asimilar tan de presa.

Sen embargo, sentín que o máis axeitado sería recoñece-la obsolescencia na que me atopaba en relación ás novas tecnoloxías e a súa aplicación na educación; quizáis a partir desa base resultaría máis doado empezar a colocar pezas máis sólidas na construcción da miña aprendizaxe.

Debo recoñecer que o feito de ter xa realizadas as prácticas me está permitindo adicarlle máis minutos para adentrarme na materia, poñer en práctica os coñecementos teóricos e, o máis importante, ter tempo para reflexionar sobre a utilidade e necesidade de aplicación de todos eses conceptos no campo da educación. Creo que a mellor asimilación de todos estes contidos tén lugar a través do seu reflexo na práctica, e iso é exactamente o que eu necesitaba descubrir. Así foi que ó fin conseguín dar formato físico ó que nun principio considerei “arduo” obxectivo de crear o meu propio PORTAFOLIOS. Unha aprendizaxe realmente interesante á vez que me iba dando de conta de todo o que podería chegar a compartir cos demáis a través desta páxina.

En el Journal of Adolescent and Adult Literacy en el  volumen correspondiente al mes de Marzo,  toda su publicación está dedicada al uso efectivo del portafolio electrónico en la educación.  Contiene literatura relevante sobre la aplicación del portafolio y experiencias de varios educadores que han utilizado esta poderosa herramienta. Ver más>>

http://portafolioselectronicos.wordpress.com/2007/03/26/articulos-sobre-la-importancia-de-los-portafolios-

Atopei esta páxina por casualidade, un blog onde se poden ler cousas interesantes en relación a todos estos contidos que estamos manexando:

http://www.acurbelo.org/blogs/ 

Gustaríame comentar que tamén está resultando moi positivo na construcción desta aprendizaxe o aporte de outras materias específicas da especialidade, pois na presentación dos contidos a insistencia tamén recae na demandante necesidade de levar as novas tecnoloxías ás aulas; por suposto, sempre con tarefas e obxectivos previamente ben marcados. Se pola contra nos decantamos por mostrarnos indiferentes ós cambios que se están a producir na sociedade na que están inmersos os nósos presentes futuros alumnos, arriscarémos ó fracaso no noso proceso de ensino/aprendizaxe ademáis de estar impedíndolle a entrada a un método de aprendizaxe máis dinámica, máis motivadora…máis adaptada á realidade que eles manexan.


Ponte do 1 de Novembro

Noviembre 3rd, 2007 by rocioeiras | Comments Off

Sei que debería estar na casa, encerrada, e poñéndome un pouco ó día con todo o traballo atrasado que teño por ahí. Pero ¿quen tén a culpa de que alguén se decidira a regalarnos unha ponte chea de luz, sol e alegría no outono? Así é que decidín non quedarme na casa e vir a coñecer Lisboa, para deixar de terme que incluirme na lista dos que “non coñecen Lisboa, así que non coñecen cousa boa”. Aquí teño a miña irmá (a pequena da casa) estudiante de fotografía, e, ademáis de apetecerme un montón vir a vela, quería pedirlle que me regalara algunhas das suas fotos para poder incluilas no meu portafolios e así poder compartilas con vós. Esta tarde imos ir a visitar Sintra, aconsellados por unha parella de portugueses que viven con ela, pois din que non existen moitos días no outono con tanta claridade para poder disfrutar das fermosas vistas. Así que máis tarde insertarei algunha foto que considere que valga a pena. Teño que aproveitar ó máximo estas gratas horiñas de sol para atopar enerxía e poñerme a traballar de novo esta noite!!!!


Luns, 29 de outubro

Noviembre 3rd, 2007 by rocioeiras | No Comments »

¿Qué podería comentar sobre a clase de hoxe? ó final da mañá sentíame totalmente asfixiada, desorientada… con ganas de gritar por non saber ir ó ritmo da clase nos pasos a seguir para elaborar a nosa páxina web, o noso Portafolios. A decir verdade, parece que poder chegar a ser unha creación moi interesante, onde se nos permite incluir un montón de cousas do noso interés e que ó mesmo tempo nos agrade poder compartir con outros. O meu  problema, e quizáis o de algúns máis, vai ser atopar o moito tempo que eu vou necesitar para conseguir archivar na miña propia carpeta de aprendizaxe nova todos estes coñecementos dixitais. Debo recoñecer que ata agora nunca fun das que disfruta pasando horas sentada diante dun ordenador, e nunca antes se me dera por crear ningún tipo de páxinas propias (chámese fotolog ou calquer outro formato, tan comúns hoxe en día). Así que todo isto do Portafolios axudoume a darme de conta do obsoleta que estou hacia estas novas técnicas de intercambios de comunicación e información. Pero bueno, sei que vou empezar a buscar uns minutiños de aquí e de alá para conseguir darlle formato a esta oportunidade de reflexar e compartir por escrito e visualmente todo aquilo que me resulte interesante e me aporte agrado persoal. ¡A ver se o consigooooo!!!


O MEU COMENZO NAS NOVAS TECNOLOXÃ?AS

Octubre 8th, 2007 by rocioeiras | 1 Comment »

Bos días, diario!

Dise que unha imaxe vale máis que mil palabras así que, despois de darlle voltas, pensei que sería oportuno elexir algo visual que reflectise as miñas sensacións nos primeiros encontros con esta aprendizaxe. E despois de observar o formato que elexín para darlle estructura a este rexistro persoal, decanteime pola imaxe dunha onda xigante, impoñente, que amenaza con afogar a menos que un se mostre seguro e se deixe levar por ela, sen mostrar resistencia, ata darse de conta de que se atopa nun remanso onde xa resulta moita máis doado dar pé.

…e logo tamén me atopei con esta frase, corta, simple, e ó mesmo tempo cargada de valor para min neste momento de ter que enfrentarme a unha aprendizaxe nova, “A BASE DA APRENDIZAXE É A EXPERIENCIA…”.