Sesión formativa no marco do proxecto CDEPI

 

O día 11 de novembro tivo lugar unha sesión formativa na que participaron membros da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Autónoma de Madrid (por medio de videoconferencia).

 

Esta formación centrouse en abordar un contido fundamental para o proxecto “Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión”, como é a exclusión-inclusión. Os/as compañeiros/as do Grupo de investigación Stellae presentaron unha breve conceptualización sobre os devanditos termos, situándoos na proposta da investigación a desenvolver.

 

Ademais, nesta sesión debateuse acerca do procedemento para a á hora de seleccionar os casos; así como no momento de que os/as investigadores/as se introduzan no campo de estudo a analizar.

 

unnamed