Avanzando no proxecto CDEPI

 

O día 23 de Setembro reuníronse varios membros do Grupo Stellae- pertencente á Universidade de Santiago de Compostela- para avanzar no proxecto “Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión”. Nesta reunión, incorporáronse tamén membros da Universidade Autónoma de Madrid, os cales participaron virtualmente achegando as súas experiencias e perspectivas sobre os distintos aspectos do proxecto.

 

Ao longo deste encontro afondouse no marco teórico, conformando grupos de traballo que permitan profundar de maneira equilibrada nos diversos contidos do proxecto. Abordouse tamén, o procedemento de selección dos suxeitos; tomando decisións con respecto ás características dos mesmos, a organización temporal ou  os lugares e espazos onde buscar e seleccionar devanditos suxeitos.

Dando pasos no proxecto CDEPI

Varios membros do Grupo Stellae reúnense para abordar o proxecto “Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión”.

 

Esta reunión permite avanzar nesta liña de investigación, abordando puntos clave e dando pasos cara á consecución de obxectivos. Ademais, incorporáronse membros da Universidade Autónoma de Madrid que participan virtualmente neste encontro, intercambiando experiencias e bagaxes.

 

O proxecto CDEPI preséntase como a integración e continuación da investigación que foi desenvolvida polos diferentes equipos participantes nos últimos anos. Está coordinado polo grupo de investigación Stellae da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao que se suman outros dous grupos de investigación que participan como socios e pertencen á Universidade de Salamanca (USAL). O proxecto pretende contribuír ao coñecemento sobre a competencia dixital dos estudantes en ensino obrigatorio, e a posible relación que a súa aprendizaxe pode ter nos procesos de inclusión social.