Que supón non ter competencia dixital hoxe en día?

Que papel ten a familia no desenvolvemento desta competencia? E a escola? E a sociedade? Estanse asumindo estas responsabilidades?

Como inflúe a competencia dixital do alumno/a nos espazos académicos? E fóra das aulas? Que alcance ten a ausencia de competencia dixital na nosa vida diaria?

Todas estas preguntas, e moitas outras son interrogantes do século XXI que non poden pasar desapercibidos. A responsabilidade sobre a necesidade de formar en competencia dixital ás xeracións do futuro parece diluirse entre os diversos axentes educativos, e as consecuencias desta realidade están presentes no noso día a día.

Neste escenario, o Grupo de Investigación Stellae presenta un espazo de encontro e diálogo en torno á competencia dixital en tódolos ámbitos formativos. Este encontro está dirixido á comunidade educativa, dando protagonismo a profesores, investigadores, familias e nenos/as, protagonistasdo ámbito formativo, para compartir experiencias e dialogar sobre algúns dos problmas que aflicten á sociedade na actualidade e debatir as súas posibles solucións.

As "I Xornadas Internacionais InclúyeT. Cando a competencia dixital favorece á inclusión social" encádranse no marco do proxecto CDEPI (Competencia Dixital en Estudantes de Educación Obrigatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) (EDU2015-67975-C3-1-P). O proxecto pretende contribuír ao coñecemento no desenvolvemento da competencia dixital dos estudantes en ensinanza obrigatoria, e posible relación que a súa aprendizaxe pode ter nos procesos de inclusión social (http://stellae.usc.es/cdepi/).

As I Xornadas Internacionais InclúyeT, teñen como obxectivo:

  • Afondar na competencia dixital e a súa relación cos procesos de e-inclusión.
  • Crear un espazo de diálogo e colaboración entre os distintos axentes da comunidade educativa.

Interésache a educación? Interésache o futuro?

Entón, te interesan estas xornadas.

Contamos contigo para analizar, presentar, compartir e debatir novas respostas a novos problemas

Coa colaboración da Editorial Graó