Profesora e licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Córdoba-Arxentina e Doutora en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade na que actualmente traballa impartindo as asignaturas de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación. A súa historia profesional e persoal divídese en dous mundos: os inicios en Córdoba-Arxentina e o seu ingreso nunha universidade española. Traballou aquí e alí orientada por dúas liñas: a formación de profesores en todos os niveis do sistema educativo e a relación teoría-práctica, ou como a teorías nos axuda a comprender a práctica cotiá dos profesores.
No seu desenvolvemento profesional interesouse de maneira constante pola didáctica en dous campos diferenciados pero complementarios: a universidade e a escola primaria. Por un lado, a universidade e o significado da docencia nela. É o contexto organizativo onde realiza a súa práctica como profesra, polo tanto a análise e a investigación sobre a propia práctica alí ten todo o seu sentido. A escola primaria é o lugar onde exerceu nos seus inicios, como asesora pedagóxica nun contexto de innovación, e onde tivo a oportunidade de aprender e aprender o pracer de aprender, de maestros e alumnos. A súa tesis doutoral apuntó á comprensión da identidade profesional do profesorado universitario.