Jordi Adell Segura é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Valencia. Actualmente é profesor titular de universidade da área de Didáctica e Organización Escolar no Departamento de Educación da Universitat Jaume I de Castellón.

A súa actividade docente está relacionada coas novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación nas diplomaturas de Mestre e na licenciatura en Psicopedagoxía. Tamén dirixe o Centeo de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da mesma universidade, un centro adicado á mellora da calidade da ensinanza e a aprendizaxe universitarias mediante a utilización das novas tecnoloxías.

Explicou numerosos conceptos relacionados coas tecnoloxías e os tópicos asociados aos mesmos. Términos coma nativos dixitais foron matizados por Adell, que rexeitou os maximalismos en cuanto a intergración das TIC. Na súa opinión, o futuro pasa por ser máis móbil, máis social e máis colaborativo. Neste sentido, aprender "é sinónimo de crear e compartir formando parte de redes educativas".