Despacho:

Extensión:

ORCID0000-0001-8574-7848

Researchgate:

Academia.edu:

Dialnet:

E-mail:

Dirección: 

Traxectoria Profesional: 

 

Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo en 2009, posgraduado en Interpretación, Tradución e Diplomacia pola Westminster University en 2010, mestrado en Profesorado (lenguas extranjeras) pola Universidade de Santiago de Compostela en 2011, doutor en Ciencias da Linguaxe en 2016 pola Universitat Pompeu Fabra.

 

Disfrutou da axuda predoutoral FPI-MINECO para a realización da tese doutoral Digital language learning from a multilingual perspective: the use of online language resources in the one-to-one classroom, dirixida polo doutor Daniel Cassany. É ou foi membro de diversos proxectos competitivos de investigación como IES2.0, Fandom en España e ICUDEL, no que traballou como investigador posdoctoral até xuño de 2017. É membro dos grupos de investigación GRAEL, Universitat Pompeu Fabra, España, e do Lancaster Litaracy Research Centre, Lancaster University, Reino Unido, e foi membro do grupo de investigación Práticas de escrita e de reflexão sobre a escrita em diferentes mídias, Universidade Estadual de Campinas, Brasil.

 

Logo de obter unha axuda de apoio á etapa posdoutoral da Xunta de Galicia, en xuño de 2017 incorpórase ao equipo de investigadores de Stellae como investigador posdoutoral e ao grupo de investigación Didactics and School Subjects da Southern University of Denmark, Dinamarca, como investigador visitante.

 

Participa e publica en conferencias e boletíns internacionais. O seu perfil é accesible en Academia.edu e ResearchGate.