Historia
O Grupo de Investigación Stellae (GI-1439 da USC), nace a principios de 1997. Está composto por un conxunto de investigadores e investigadoras da educación interesados en construír un coñecemento con potencialidade para transformar as prácticas das institucións educativas na dirección da mellora dos seus procesos de ensino, aprendizaxe, formación e desenvolvemento dos seus profesionais .
Son sinais de identidade do grupo: o interese por un amplo espectro de temáticas; a integración de profesionais doutros niveis educativos, e a procura de interdisciplinariedade, tanto interna -membros con diferentes perfís de especialización- como externa, mediante a colaboración con outros grupos, para favorecer sinerxías na investigación en educación. Pretendemos ser un un grupo plural para abordar aspectos da investigación educativa tamén plurais. O noso logotipo, recentemente renovado, pretende proxectar esa pluralidade de tonalidades.
O grupo pasou por varias fases. Unha primeira, de desenvolvemento, entre 1997-1999, caracterizada pola realización de teses doutorais e a conquista da estabilidade profesional. Neste período obtivemos o noso primeiro proxecto de investigación sobre “As contribucións das institucións á profesionalización dos profesores: estudo das súas características en Galicia” (1996 -1999). A obtención en 1998 dun proxecto do Programa Alfa da Comisión europea, supuxo un aliciente para o crecemento do grupo e a súa proxección a outros grupos, universidades e países.
A consecución do terceiro proxecto de investigación “A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento organizativo e profesional dos centros educativos. Estudo da situación en Galicia” (2001-2004), caracteriza a fase de consolidación do grupo. Momento tamén para a apertura a novos membros, a realización do Máster DIME, primeiro máster da USC blended-learning (2000-2003), e a obtención doutros proxectos en convocatorias de I +D+ i de carácter nacional e autonómico.
Desde o ano 2007, estamos coordinando varios proxectos do Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en colaboración con diversas universidades latinoamericanas de Chile, Bolivia e Arxentina, centrados na temática da integración das TIC no ámbito universitario. Neste marco creamos a Rede Unisic (Universidade para a sociedade do coñecemento).
Os últimos proxectos obtidos estiveron focalizados no estudo da incorporación das TIC ao ensino na universidade e noutros niveis educativos, o desenvolvemento de contornas de ensino e aprendizaxe mediados por TIC e a análise do seu impacto no desenvolvemento profesional, organizativo e curricular.
Actualmente, temos en realización, un proxecto de I+ D+i (convocatoria nacional 2008-2011), coordinado coas universidades de Barcelona e Sevilla sobre a construcción do coñecemento profesional por profesores universitarios, e un proxecto de desenvolvemento institucional financiado polo MICINN.
Os proxectos obtidos fixeron posible alcanzar unha posición competitiva en relación a outros grupos que traballan en ámbitos similares. Isto permitiunos obter no ano 2007 o recoñecemento como Grupo de Investigación Competitivo do Sistema Galego de I+D+I outorgado pola Consellería de Innovación e Industria. Un recoñecemento que revalidamos en 2008, 2009 e 2010 e continuamos tendo na actualidade.
O grupo participa en asociacións internacionais como a CARN (Collaborative Action Research Network), a EERA (European Educational Research Association), Relfidu (Red Europa-Latinoamerica de Formacion e Investigación en docencia y gestión universitaria), Red Unisic e IARTEM (Internacional Association for Research on Textbooks and Educational Media); en redes nacionais como RUTE (Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa), Portafolios, coordinada pola UOC (Universitat Ouverta de Catalunya), OBIP (Observatorio da Profesión Docente, coordinado pola Universidade de Barcelona), TELGalicia, Nova Escola Galega, entre outras.
Liñas de investigación
1- Tecnoloxía Educativa: Integración das tecnoloxías nas institucións educativas. Competencia dixital. Redes sociais no ensino, e-learinig e aprendizaxe auto_socioregulado. Repositorios dixitais de materiais para o ensino. Recursos Educativos abertos (REA). Pensamento computacional e aprendizaxe da programación. Learning analytics. Recursos educativos e materiais didácticos en diversos contextos institucionais: escolares, municipais, etc. e para diversos niveis: infantil, primaria, secundaria, universidade, persoas maiores. Videoxogos no ensino: xogos serios e gamificacion. Smart cities e traballo comunitario. Libros de texto (analíticos e dixitais)
2- Formación e desenvolvemento profesional: Formación e desenvolvemento profesional do profesorado de diferentes niveis educativos (primaria,secundaria e universidade): - A etapa de iniciación e o desenvolvemento profesional do profesorado novel. -Análise de necesidades de formación. - A preparación dos profesores\as para contextos multiculturais. -Reformas educativas e formación e desenvolvemento profesional. - Didáctica universitaria. -Desenvolvemento profesional e novas tecnoloxías.Formación e Desenvolvemto profesional do profesorado de educación física e o deporte. Creencias e coñecemento profesional do profesorado.
3- Inclusión socioeducativa: inclusion dixital. Integración de comunidades gitanas. Abandono escolar e inclusión socioeducativa.
Integrantes
INTEGRANTES:
- Adriana Gewerc Barujel (coord.)
- Mª Lourdes Montero Mesa
- Quintín Álvarez Núñez
- Raúl Eirín Nemiña
- Fernando Fraga Varela
- Rufino González Fernández
- Esther Martínez Piñeiro
- Eulogio Pernas Morado
- Jesús Rodríguez Rodríguez
- Mª Dolores Sanz Lobo
- Mª del Pilar Vidal Puga
- Mª Helena Zapico Barbeito
- Rosi Vicente Álvarez
- Almudena Alonso Ferreiro
- Boris Vázquez Calvo
- Virginia Rodés (Universidad de la república. Uruguay)
- Federico Ferrero (Universidad Nacional de Córdoba. Argentina)
PERSOAL INVESTIGADOR EN FORMACIÓN:
BOLSEIROS/AS DE COLABORACIÓN:
- Isabel Fernández
- María Gómez Rodríguez
- Fernando González Bao
- Iria Vilar San José
- Ainhoa Castelo Vieites
- Uxía Fernández Regueira
PERSOAL INVESTIGADOR VISITANTE:
- Joel Armando (Universidad Nacional de Córdoba. Argentina)
- Cerapio Quintanilla Cóndor (Universidad Nacional de Huancavelica. Perú)
- Francisco Antonio Velasco Hernández (Universidad Autónoma de Chiapas. México)
- Teresa Vélez (Universidad de aguascalientes. México)
- Alberto Picón (Administración Nacional de Educación Pública de Uruguay)
- Shirley Gamboa(Univerisdad Autónoma Juan Misael Saracho. Bolivia)
PROFESORES VISITANTES:
- Luis Tójar (Universidad de Málaga)
- Julian López Yáñez (Universidad de Sevilla)
- Daniel Saur Moyano (Universidad Nacional de Córdoba. Argentina)
- Miguel Vicente Mariño (Universidad de Valladolid)
- Stephen Downes (National Research council of Canada)
- Jordi Adell Segura(Universitat de Valencia)
- Grainne Conole (University of Leicester)
- Carlos Delgado Kloos (Universidad Carlos III de Madrid)
- Martín Llamas Mistal (Universidad de Vigo)
- Mercedes Rey Fandiño (Universidad de Vigo)
- David Álvarez Jiménez (Universidad de Granada)
PROFESORES CONVIDADOS:
- Tony Bates - Universidad de la Columbia Británica (Vancouver-Canadá). Año 2006
- Roland Bamet - Institute of education (London). Año 2009
- Imanol Ordorika - Universidad autónoma de México. Año 2009
- Xurxo Torres - Universidade da Coruña. Año 2009
- Helen barret - Profesora emérita de la Universidad de Alaska. Año 2009
- Ivor Goodson - University of Brighton. Año 2010
- Alicia de Alba - Universidad Autónoma de México. Año 2010
- Ines Dussel - Departamento de Investigaciones Educativas del CINVESTAV-IPN, México
PERSOAL TÉCNICO DE APOIO:
- José Santiago Cernadas Vilas