imprimir

Despacho:

Extensión:

 ORCID: 0000-0002-2988-0465

 Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Fernando_Fraga_Varela

 Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=1157973

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Dirección:

Traxectoria Profesional:

 

Especialista en Educación Musical en 1998. Desde ese mesmo ano, desenvolve a docencia en Educación Primaria. Paralelamente, entre os anos 2001 e 2003 realizou, na citada Facultade, a Licenciatura en Pedagoxía, especialidade de Educación Escolar. Posteriormente, iniciou os estudos de Terceiro Ciclo no Departamento de Didáctica e Organización Escolar obtendo o Diploma de Estudos Avanzados cun Traballo de Investigación Tutelado titulado "O proceso de construción de crenzas sobre as novas tecnoloxías polo profesorado non universitario. Un estudo de caso?", que penetra, a través dun estudo de caso, nos procesos de construción de concepcións e crenzas do profesorado sobre a utilización das novas tecnoloxías no ámbito educativo. 
Doutor en Pedagoxía e Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2007. Membro do Grupo de Investigación Stellae. Investiga principalmente sobre o ámbito da Tecnoloxía Educativa en ámbitos específicos como a formación de profesorado, a súa integración contornas escolares ou no espazo das crenzas e o coñecemento profesional. Participa en distintos proxectos de I+D tanto nacionais como internacionais.