Please enable JS
  • slider21.jpg

Despacho: 1º Andar, Nº 108 (Campus Norte)

Extensión: 12129 (Campus Norte)

 ORCID: 0000-0002-3311-2063

 Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Eulogio_Morado

 Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=229134

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Enderezo:  Avda Xoán XIII (Campus Norte) 15782 Santiago De Compostela (A Coruña)

Traxectoria profesional:

Mestre e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, na Sección de Ciencias da Educación no ano 1991. Actualmente exerce o seu labor docente como Profesor Titular de Escola Universitaria do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Área de Didáctica e Organización Escolar) da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Imparte, na Facultade de Ciencias da Educación da USC, a materia “Escola, comunidade e TIC" (no Grao de Mestre en Educación Primaria) e “Procesos de Mellora e usos das TIC” (no Grao de Mestre en Educación Infantil).Impartiu tamén outras materias, como: "Intervención con Medios de Comunicación Social” na Titulación de Pedagoxía e “Medios e Recursos Didácticos” na de Psicopedagoxía.

 

É Director da revista Innovación Educativa, editada conxuntamente polo Departamento de Didáctica e Org. Escolar e o ICE, e publicada polo Servizo de publicacións e intercambio científico da USC. Autor de diversos artigos, libros e outras publicacións sobre temas focalizados nas novas tecnoloxías aplicadas á educación, contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e medios e recursos didácticos.

 

Participa activamente nas investigacións que o Grupo de Investigación Stellae desenvolve en diferentes ámbitos, colaborando tanto nos proxectos de investigación a nivel nacional como nos de nivel internacional.