Please enable JS
  • slider21.jpg

Despacho:

Extensión:

 ORCID: 0000-0002-9438-2681

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dirección: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez, s/n (Campus Vida), 15782, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

 

Diplomada en maxisterio como Mestra Especialista en Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2007, Licenciada en Psicopedagoxía pola USC en 2009 e Máster Universitario en Procesos de Formación (RD 1393/2007) co módulo de Innovación e Calidade en 2010, pola USC.

Na actualidade goza dunha Bolsa de Colaboración no Proxecto Fortalecimiento institucional de áreas dedicadas a la enseñanza universitaria con nuevas tecnologías. Se atopa na etapa de tese afondando na temática de investigación iniciada co Traballo Fin de Máster centrado na Competencia Dixital. E participa nas investigacións que o Grupo Stellae está levando a cabo en diferentes ámbitos, colaborando tanto nos proxectos de investigación a nivel nacional como internacional.

Gozou unha Bolsa de colaboración do Ministerio de Educación no Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC no curso 2008/2009. E unha Bolsa de nova adxudicación para a realización de estudios oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ó título de máster universitario en 2010.

Participou e colaborou en xornadas, seminarios e congresos con temáticas relacionadas coas tecnoloxías da información e a comunicación. As comunicacións e artigos realizados tamén xiran en torno a esta temática.

 

Volver a Integrantes