Despacho: 46

Extensión: 13907 / 13843

 

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dirección: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez, s/n (Campus Vida), 15782, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

Web:

 

Mestra especialista en Educación Física pola Universidade da Coruña (UDC), Licenciada en Pedagoxía na orientación de Pedagoxía Escolar: Formación docente e dirección de Centros Educativos e na orientación de Pedagoxía Social e Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e mestría no Master Universitario en Procesos de Formación (RD 1393/2007) co módulo de Innovación e Calidade tamén pola USC. Actualmente realiza a tese doutoral cun proxecto centrado no estudo de materiais didácticos creados co apoio de administracións locais.

 

Ten disfrutado a Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación no Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC. Ten sido representante de alumnos na Xunta de Facultade da F. de Ciencias da Educación e no Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela. Ten realizado as prácticas socioeducativas das tres titulacións académicas en centros educativos públicos, museos e concellos estando en contacto cos procesos educativos dos ámbitos escolar e comunitario.

Ten organizado e participado en seminarios, congresos e outras actividades académicas a nivel autonómico, estatal e internacional sobre diversas temáticas, destacando a 10th International Conference on Textbooks and Educational Media (2009) e o II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación. Etapa de Posgrao (2010). Ten publicado diversas comunicacións, artigos e libros relacionados cos materiais didácticos e as tecnoloxías educativas, convén destacar a Guía de Recursos e Materiais Didácticos sobre o Camiño de Santiago (2010).

 

 

Volver a Integrantes