imprimir

Dous membros de Stellae participan no V ENCONTRO MOCIDADE INVESTIGADORA  da USC 

O encontro que está a ter lugar na facultade de xornalismo e no que  se atopan máis de 300 estudantes de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela ten lugar cada ano, sendo esta a súa 5º edición.

Trátase dunha oportunidade para compartir experiencias, medos e dúbidas.

 

Neste marco dous membros de Stellae participaron como relatores en dous espazos: 

   -"A carreira universitaria máis aló da presentación da tese"  na que colaborou Almudena Alonso

   -"Como afrontar unha estadía de investigación" na que participou Ana Groba.

 

Ambas expresan a súa gratitude pola invitación para participar neste evento e compartir experiencias nun ambiente tan enriquecedor.