Please enable JS
  • slider21.jpg

Sandra Dorado, membro do Grupo de Investigación Stellae, participou os días 5, 6 e 7 de Xuño no “3rd International Summer Workshop on Alternative Methods in Social Research” celebrado en Málaga e organizado polo Grupo de Investigación ProCIE, (Profesorado, Comunicación e Investigación Educativa, HUM619) en colaboración coa Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa (REUNI+D).

 

A través da asistencia e participación nos diferentes obradoiros: "O potencial do uso de Skype en entrevistas cualitativas cos mozos", "Recordo, reflexión e diálogo estimulado por vídeo", "Cartografías na investigación educativa"..., púidose crear un espazo para a presentación, debate e construción colectiva arredor do cambio e transformación social e educativa.

 

Aproveitando a presenza de diferentes investigadores/as que compoñen a Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa (REUNI+D), convocouse unha reunión co fin de actualizar diversos aspectos relativos á rede: páxina web, organización de cursos online, etc.