Membros do grupo de investigación Stellae participan na organización da “Conferencia Internacional do Foro Mediterráneo de Educación Musical en Educación Infantil e da Infancia Musical” que terá lugar os días 20, 21 e 22 de abril de 2018 en Nicosia (Chipre). 

Este Foro ten lugar unha vez que se realizou o Proxecto  Erasmus + Musichild, Educación musical na primeira infancia no Mediterráneo e que ten como fin elevar a musicalidade dos nenos/as, avaliar a aprendizaxe musical e permitir a preparación docente (2014-2016) deseñado e coordinador por CCRSM.  Nesta labor participaron académicos/as e profesionais de todo o Mediterráneo. O proxecto foi seleccionado como o de maior práctica para o sector escolar e presentouse en maio de 2017 en Bonn (Alemaña).

O Foro Mediterráneo de Educación Musical en Educación Infantil e da Infancia Musical é unha iniciativa de CCRSM Chipre, Centro para a investigación e o estudo da Música que conta coa colaboración de académicos e profesionais do Mediterráneo e un círculo internacional de asesores/as. Entre estes estudosos/as atópase a nosa compañeira, a Dra. e mestra Rosa Mª Vicente Álvarez.

Se estás interesado/a en participar, envía a túa comunicación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Toda a información na seguinte ligazón: http://www.musichildhoodsforum18.com/index.php/international-call/international-conference