imprimir

O pasado mes de Xullo, Fernando Fraga, membro do Grupo de Investigación Stellae, desenvolveu en colaboración co Programa de Contornas Virtuais de Aprendizaxe/Comisión Sectorial de Ensino da Universidade da República de Uruguai, o curso para profesorado universitario Contornas Persoais de Aprendizaxe e Redes Sociais Académicas no Ensino Universitario. 

O propósito do curso é o desenvolvemento por parte do profesorado das posibilidades que as Contornas Persoais de Aprendizaxe ofrecen para a docencia universitaria. Céntrase no deseño de propostas formativas coherentes coas potencialidades que este tipo de estruturas ofrecen. Para iso é preciso ter en consideración elementos didácticos e pedagóxicos que permitan poñer en valor a fortaleza destes escenarios de aprendizaxe na actualidade. A proposta centrouse na construción de espazos que posibiliten ao alumnado a creación dos seus propios Portafolios Electrónicos en relación coas planificacións docentes. Isto supuxo o tratamento dos procesos de ensino e aprendizaxe desde unha perspectiva que permita ao alumnado usar estas ferramentas dixitais como mostra da súa propia aprendizaxe, onde non só podamos recuperar evidencias en forma de produto, o propio Portafolio, senón tamén de proceso a partir das mostras que reflicten o seu traballo.

A proposta formativa ha tomado en consideración a experiencia acumulada na Universidade de Santiago de Compostela polo Grupo de Investigación Stellae no uso de Portafolios Electrónicos ao longo destes últimos 10 anos. Este traballo vén desenvolvendo tanto en docencia universitaria presencial en distintos graos como a nivel de investigación. A experiencia desenvolvida permítenos ofrecer un coñecemento específico para poder dar soporte aos procesos de formación e avaliación.