Please enable JS
  • slider21.jpg

A revista Educatio Siglo XXI da Universidade de Murcia publicou este mes o seu monográfico sobre "MATERIAIS DIDÁCTICOS, LIBROS DE TEXTO E EDUCACIÓN INCLUSIVA" ( VOL. 35, NÚM. 3, NOVEMBRO) no que participan varios membros do Grupo de Investigación Stellae.

A súa coordinación foi levada a cabo, entre outros, por Jesús Rodríguez Rodríguez con ampla traxectoria na investigación sobre materiais didácticos e libros de texto. Ademáis publica xunto con outros autores "Unha taxonomía de materiais didácticos para a inclusión do alumnado con diversidade funcional auditiva".

No monográfico preséntase un artigo sobre un dos Proxectos Europeos nos que o grupo traballou nos últimos dous anos, o proxecto IRIS (Máis información en: http://iris-sport.eu/es/ )

Os autores da publicación, Ana Rodríguez-Groba, Raúl Eirín e Almudena Alonso-Ferreiro abordan os materiais creados no proxecto cun artigo que leva por título: MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS CONTRA A DISCRIMINACIÓN E A EXCLUSIÓN NO DEPORTE EN IDADE ESCOLAR.

 

Toda a información sobre o monográfico está dispoñible na seguinte ligazón:      http://revistas.um.es/educatio/issue/view/16111/showToc