imprimir

Silvia López, membro do grupo Stellae, abordou estes últimos días e hoxe, a temática dos videoxogos.  O pasado 28 de novembro participou nas Xornadas “Videogamificación e sexualidades: identidades, xéneros e discursos interactivos. Consecuencias para a industria e a educación”, celebradas no campus de Ourense e incluídas na programación de actividades para reivindicar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No marco destas xornadas formou parte dunha mesa redonda coa ponencia “A importancia da incorporación das mulleres nos equipos directivos de produción de videoxogos”.

Nas seguintes ligazóns pode consultarse máis información sobre estas Xornadas:

https://codigocero.com/As-xornadas-sobre-videogamificacion-e-sexualidades-desvelan-multiples-exemplos

https://duvi.uvigo.gal/duvi_gl/contenido/artigos/academicas/2017/11/artigo_0037.html

O 3 de decembro tamén participou no “Espazo Foro” do Culturgal, feira das Industrias Culturais Galegas celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra, dando unha charla sobre videoxogos titulada “Interrogamos aos videoxogos en familia”.

E hoxe, 4 de decembro, Silvia López estará na Biblioteca do Milladoiro (Ames) dialogando cos asistentes nunha charla-debate que xira en torno aos “Videoxogos polo Nadal. Como elixilos?”.