imprimir

Os grupos de investigación da Rede de Excelencia Reuni+d (http://creandoredes.reunid.eu/) e Rilme (http://rilme.gice-uam.es/) organizan o Simposio "Conectando Redes: A relación entre a investigación e a práctica educativa".

Varios membros do grupos de Investigación Stellae participan na súa organización, que será en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de xuño do 2018, e contará coa presenza de grandes investigadores a nivel nacional e internacional.

Tratarase dunha oportunidade única que dá continuidade ao evento "Creando Redes" que tivo lugar en Barcelona no 2013.

Xa tedes dispoñible toda a información na web: http://conectandoredes.reunid.eu/