Os grupos de investigación da Rede de Excelencia REUNI+D e RILME organizan o Simposio “Conectando Redes – A relación entre a investigación e a práctica educativa” que terá lugar o 7 e o 8 de xuño do 2018 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta edición preténdese poñer de relevancia aquelas cuestións que interesan e preocupan aos grupos de investigación relacionados coa educación, as súas técnicas de investigación e o desenvolvemento do coñecemento pedagóxico. En definitiva, contribuír á mellora da visibilidade dos estudos que realizan investigadores e investigadoras e grupos de investigación do noso país.

Todos aqueles profesionais da educación preocupados pola investigación educativa están invitados a participar aportando, escoitando, impulsando e amosando o desenvolvemento do coñecemento educativo que cada un está xerando.

A data límite para o envío de comunicacións é o 15 de febreiro de 2018. Na páxina web do Simposio (http://conectandoredes.reunid.eu/index-ga.html) atópase toda a información sobre datas, inscricións, programa, etc.