Please enable JS
  • slider21.jpg

A Spin-off DIMElab xorde a partir do coñecemento xerado en máis de 20 anos de traballo no GI Stellae (1997-2018), especializado en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.

 

DIMElab ofrece servizos de asesoramento pedagóxico a institucións educativas e empresas de tecnoloxía, e desenvolve todo tipo de recursos didácticos, entre os que se inclúen os denominados serious games (xogos serios para educación e formación).

Así mesmo, DIMElab tamén destaca pola realización de probas, análises ou testing de produtos didácticos, para tentar garantir que os materiais deseñados para a educación sigan certos estándares de calidade pedagóxica.

 

A idea de DIMElab xorde tras o traballo de Stellae coa AVTE (Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC), que axudou a transferir os resultados de investigación do grupo ao mercado, e ante as necesidades sociais detectadas na actualidade, entre as que se inclúen as seguintes:

 

  • O sector educativo e profesional está inmerso nun proceso de transformación onde é necesario o desenvolvemento de novos medios educativos.
  • A crecente demanda de serious games para centros educativos, institucións e empresas.
  • A necesaria actualización do profesorado en metodoloxías activas superando ou complementando ás tradicionais.
  • A necesaria formación en competencias dixitais da sociedade en xeral.
  • A inexistencia en moitas ocasións dunha análise pedagóxica adecuada previa á comercialización de materiais didácticos.

 

A empresa, que ten a súa sede no Edificio Emprendia (Campus Vida en Santiago de Compostela), constitúena a día de hoxe preto de dez persoas, entre socias/os, xerencia e persoal con demostrada experiencia profesional no sector da educación e da tecnoloxía.

 

Fotografía tomada o 25 de xaneiro de 2018, data de constitución ante notario de DIMElab