imprimir

A Revista de Educación a Distancia Educación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento acaba de sacar á luz pública un número especial sobre “A profesión docente na Sociedade do Coñecemento” (número 56, xaneiro 2018, dispoñible en http://www.um.es/ead/red/56/).

 

É un monográfico coordinado polos profesores Juan Manuel Escudero e María Teresa Caro Valverde que realiza un percorrido polas múltiples demandas ao profesorado neste contexto histórico. Entre elas, a dimensión dixital do coñecemento que está en xogo nos procesos de ensino e aprendizaxe. Todos os autores participantes son profesionais cunha ampla experiencia no campo e realizan revisión de investigacións ou relatan experiencias significativas para responder a preguntas como: Competencia dixital docente e a súa necesidade; a problemática do libro de texto en papel e electrónico aos contidos dixitais; o ensino no marco do exceso de información que nos rodea, da docencia presencial á docencia dixital, etc.

 

Lourdes Montero e Adriana Gewerc (membros do grupo Stellae) participan deste monográfico a través do artigo:

A profesión docente na sociedade do coñecemento. Unha mirada a través da revisión de investigacións dos últimos 10 anos

 

O artigo ten o propósito básico de aproximarse aos desafíos que se lle expoñen á profesión docente ante as novas condicións sociais, económicas, culturais e tecnolóxicas do século XXI. Realízao mediante a revisión dun conxunto de publicacións derivadas de investigacións realizadas polas autoras durante os últimos dez anos no seo do Grupo de investigación Stellae.