imprimir

Federico Ferrero, membro do grupo de investigación Stellae dende hai uns meses, é licenciado en Ciencias da Educación, en Psicoloxía e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Córdoba (UNC), Arxentina. Formou parte do equipo da Área de Tecnoloxía Educativa da Facultade de Filosofía e Humanidades (UNC) e, dende alí, participou en proxectos para o fortalecemento institucional con tecnoloxías dixitais.

A súa tese de doutoramento titulada “Aprendizaxe de Lóxica Informal e uso de novas tecnoloxías para a diagramación de argumentos: un estudo de caso na Universidade Nacional de Córdoba”, foi dirixida pola Dra. Adriana Gewerc, co-dirixida polo Dr. Diego Letzen e patrocinada cunha beca do CONICET (Consello Nacional de Investigación Científicas e Técnicas), Arxentina (2012-2016).

Actualmente posúe unha beca de postdoutorado (2017-2019) tamén outorgada polo CONICET e dirixida pola Dra. Adriana Gewerc e o Dr. Diego Letzen para investigar a aprendizaxe da programación de computadoras dende o Enfoque Sociocultural.

Na seguinte ligazón están dispoñibles algunhas das súas publicacións:

https://cordoba.academia.edu/FedericoFerrero