imprimir

 

O pasado mércores 11 de abril, Silvia López Gómez, membro do grupo Stellae, recolleu no acto de entrega dos X Premios Educacompostela, celebrado no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, unha mención especial polo seu traballo “Pirillán”, un coxín parlante de recitados galegos pensado para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Este premio, convocado polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Nova Escola Galega, tamén recoñeceu o proxecto “CuntiStar” do CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis), o “Proxecto internivel e interetapa de Mitoloxía dende a biblioteca” do IES Fontexería de Muros en colaboración co CEIP Felipe de Castro de Noia e o CEIP Pepe de Xan Baña, o proxecto “Auga doce” do CEIP de Barouta (Ames) e “Longa ollada pola Ruta Translatio” do IES Plurilingüe A Cachada (Boiro).

A este acontecemento sumouse, un día despois, o mércores 12 de abril, a defensa da súa tese de doutoramento titulada “Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia” e dirixida por Jesús Rodríguez Rodríguez.

Na tese, avaliada coa máxima cualificación, Silvia deseñou unha guía de avaliación de videoxogos e, despois dun proceso previo de identificación e catalogación dos videoxogos educativos elaborados en Galicia, analizou en profundidade 20 destes recursos, localizando os puntos fortes e febles para proporcionar recomendacións destinadas a diversos profesionais.

A defensa do traballo tivo moita repercusión na prensa e a continuación deixámosvos os enlaces onde podedes consultar as novas e entrevistas que se publicaron:

Código cero: “Unha tese doutoral analiza os videoxogos educativos galegos” https://codigocero.com/Unha-tese-doutoral-analiza-os-videoxogos-educativos-galegos

El Correo Gallego: “Os videoxogos educativos galegos centran unha tese doutoral” http://www.elcorreogallego.es/tecnoloxia/ecg/videoxogos-educativos-galegos-centran-unha-tese-doutoral/idEdicion-2018-04-11/idNoticia-1109738/

La Voz de Galicia: Silvia López: “A xente non é consciente do patrimonio lúdico dixital que temos”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/04/21/span-langgl-xente-non-e-consciente-do-patrimonio-ludico-dixital-temosspanspan-langgl-protagonista-spanspan-langgl-guia-span/0003_201804S21C12991.htm