imprimir

 

Durante os días 12 e 13 de maio varios membros de Stellae participaron no IX Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos, organizado por Nova Escola Galega e celebrado na Facultade de Ciencias da Educación (Santiago de Compostela).

Na primeira mesa redonda presentáronse os principais resultados que se están acadando no proxecto Escola Dixital, no que participan varios membros de Stellae, que estiveron representados por Quintín Álvarez.

Na segunda mesa redonda, coordinada por Raúl Eirín, organizouse un debate en torno ao proxecto E-dixgal en Galicia, dándolle voz ás editoriais, ao profesorado, ás familias, aos investigadores e á Consellería.

Ao día seguinte na mesa coordinada por Jesús Rodríguez presentáronse diferentes guías e modelos de avaliación de materiais didácticos contando cos traballos de catro membros de Stellae:

·      Silvia López Gómez. Guía para a selección e uso de videoxogos para a escola.

·      Nerea Rodríguez Regueira. Guía para a análise e selección de libros de texto dixitais en Educación Primaria.

·   Antía Cores Torres. Guía para valorar a normalización lingüística e cultural dos materiais de música en lingua galega.

·    Rosa Mª Vicente Álvarez. Guía de avaliación de materiais musicais en educación infantil e primaria.