Adriana Gewerc, coordinadora do grupo Stellae, presentou unha comunicación de autoría compartida con Fernando Fraga e Esther Martínez no Congreso Anual da AERA, desenvolvido en Nova York entre o 13 e o 18 de abril de 2018, no SIG Media, Culture and Learning. 

A comunicación, titulada “Socio- family environments and dixital competence. Appropriation process in K12 children: the problem of social inclusión”, proxecta algúns dos resultados obtidos do proxecto CDEPI Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión (EDU2015-67975- C3-1- P).