imprimir

Os días 21, 22 e 23 de xuño Antía Cores e Rosi Vicente asistiron ao 6º Congreso Internacional de Ciencias da Educación e do Desenvolvemento celebrado en Setúbal (Portugal). Xunto con Vania M. Pereira e Olga Cepeda participaron no simposio titulado “Os materiais musicais da escola dixital na Península Ibérica”, concluíndo que é necesario desenvolver máis traballos conxuntos nun esforzo por crear dinámicas que permitan a creación de materiais útiles para a escola actual.

Ademais, participaron nas XXVI Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE) cunha comunicación conxunta, xunto con Quintín Álvarez, na que fixeron unha análise da percepción docente de primaria de Galicia sobre os materiais didácticos dixitais.