Please enable JS
  • slider21.jpg

Durante este mes de xullo Antía Cores Torres, membro do grupo Stellae, está realizando unha estadía de investigación no Istituto Nazionale di Documentazione, Innovazione e Ricerca Educativa (INDIRE) en Florencia, dirixida por Alessandra Anichini.

Neste período está levando a cabo actividades de difusión da investigación do grupo Stellae, concretamente en relación ao proxecto “A escola da sociedade dixital: análise e propostas para a produción e uso dos contidos dixitais educativos”, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Ademais, colaborará no proxecto “Musica a scuola” (http://musicascuola.indire.it/) cuxo principal obxectivo é a creación dun banco de boas prácticas na Didáctica da Música, recompilando experiencias contadas por profesorado de primeiro e segundo ciclo (Educación Primaria e Secundaria).