Please enable JS
  • slider21.jpg

 

Almudena Alonso-Ferreiro e Ana Rodríguez-Groba participaron, a semana pasada, no Congreso Europeo de Investigación en Educación -  ECER ( European  Conference  of  Educational  Research) organizado pola Asociación Europea de Investigación Educativa (EERA).

O evento tivo lugar en  Bolzano (Italia) e  reuníronse ao redor de 3000 participantes de todo o mundo.

Nesta ocasión presentáronse catro comunicacións correspondentes con diferentes proxectos de investigación e tese desenvolvidas dentro do Grupo de Investigación Stellae.


 

Podes acceder ás comunicacións picando nas ligazóns que sinalamos a continuación:

 

O evento serviu para dar a coñecer as investigacións desenvolvidas polo grupo e coñecer de primeira man proxectos desenvolvidos noutros países do mundo.