O Grupo de Investigación Stellae e a IARTEM organizan o Simposio Internacional de Educación Musical e Materiais Didácticos que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xaneiro de 2019 na facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A proposta de levar a cabo este Simposio xorde da necesidade de dar visibilidade ás investigacións educativas arredor dos materiais musicais, coa finalidade de ofrecer un espazo común para o debate a todo o profesorado e persoal investigador que sente inquedanza pola temática.

O prazo para o envío de comunicacións está aberto e finaliza o 30 de outubro. As principais liñas de investigación son:

  • Análise das aplicacións informáticas abertas e pechadas: a súa utilidade práctica na educación musical
  • Libros de texto e materiais didácticos en educación musical
  • Formación docente e práctica educativa para o coñecemento, uso e valoración dos materiais didácticos en educación musical
  • Deseño dos materiais didácticos e musicais
  • Selección, avaliación e definición dos materiais didácticos e musicais
  • Estándares dos materiais didácticos musicais e docencia
  • Punto de vista histórico en relación aos materiais didácticos e musicais

Esta actividade ten solicitado o recoñecemento de horas de formación para o profesorado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Máis información na páxina web do Simposio: http://stellae.usc.es/me-dm-symposium/gl/simposio/