Jesús Rodríguez e Antía Cores, membros do grupo Stellae, xunto coa profesora Yésica Teijeiro, do grupo SEPA, comezaron as pasadas semanas unha experiencia de Aprendizaxe-Servizo que levarán a cabo co alumnado das materias de Pedagoxía Hospitalaria e Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos do 4º curso do Grao en Pedagoxía. 

Este proxecto titulado "A maleta de emerxencias pedagóxicas" trátase dunha colaboración coa Aula Hospitalaria do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e coa mestra responsable da mesma, Pilar Porta, que consistirá na elaboración de materiais didácticos adaptados ás necesidades da aula e do contexto.

Nos próximos meses irán detallando todo o proceso tanto no seu perfil de Facebook (https://www.facebook.com/maletadeemerxencias.pedagoxicas.1) como na conta de Instagram @maletadeemerxencias.