imprimir

O Grupo de Investigación Stellae e a IARTEM organizan o Simposio Internacional de Educación Musical e Materiais Didácticos que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xaneiro de 2019 na facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A proposta de levar a cabo este Simposio xorde da necesidade de dar visibilidade ás investigacións educativas arredor dos materiais musicais, coa finalidade de ofrecer un espazo común para o debate a todo o profesorado e persoal investigador que sente inquedanza pola temática.

A data límite para o envío de comunicacións amplíase ata o 15 de novembro de 2018. Na páxina web do Simposio (http://stellae.usc.es/me-dm-symposium/gl/simposio/) atópase toda a información sobre datas, inscricións, programa, etc.

 

Animámosvos a participar nunha oportunidade única!!