Please enable JS
  • slider21.jpg

A investigadora Donatella Persico do "Instituto per la Tecnologie Didattiche" de Génova, que forma parte do Consiglio Nazionale delle Ricerche (Consello Nacional de Investigación)  de Italia, realiza unha estancia de investigación (durante tres semanas) co Grupo de Investigación Stellae na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

 

Cunha ampla traxectoria e experiencia no ámbito educativo, centra a súa investigación na formación para o uso da tecnoloxía (teoría e aplicacións), a aprendizaxe autorregulada, a formación do profesorado e a pedagoxía na era dixital. Participou e participa en diversos proxectos europeos e nacionais que recorren e amplían os tópicos mencionados anteriormente. É autora de numerosos artigos e libros que poden consultarse no perfil do que dispón na páxina web do instituto. (https://www.itd.cnr.it/personalescheda.php?Id=24).

 

Dirixe ademais unha importante revista con gran traxectoria nacional e internacional que aborda a temática de tecnoloxía e didáctica “Italian Journal of Educational Technology” (pódese consultar no seguinte enlacehttps://ijet.itd.cnr.it/ )

 

A estancia pretende, entre outros obxectivos, xerar sinerxías de procesos de traballo conxunto entre ambos equipos, presentar investigacións desenvoltas en ambos espazos e desenvolver unha investigación que emerxe da estancia de investigación dun membro do grupo, Ana Rodríguez Groba, no instituto (ITD) a finais do 2016. Iníciase así un traballo de análise de desenvolvemento profesional dos docentes de ambos países centrado nos recursos que se empregan para o deseño didáctico.

 

O grupo Stellae agradece á investigadora Donatella Persico a oportunidade de desfrutar dun tempo conxunto e continuar creando lazos.