DIMElab, a  Spin- off que nace a partir da actividade investigadora do Grupo  Stellae, presentaba o seu labor esta mañá na I Feira de Innovación USC –  ABANCA, celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta explicáronse os servizos e recursos didácticos desenvoltos, respondendo a numerosas preguntas  realizadas por personalidades, alumnado e público asistente; establecendo un rico diálogo ao redor dos prototipos de materiais e xogos realizados, de  serious  games, emprendemento e transferencia do coñecemento.

A Feira continúa esta tarde e o día de mañá con interesantes conferencias divulgativas e outras actividades, onde o grupo de Investigación  Stellae, con  Dimelab, continuará aprendendo e compartindo.