O Simposio Conectando Redes tivo lugar en xuño do 2018, a fin de establecer sinerxias e contribuír a enriquecer o traballo de  REUN+D e RILME. Tendo por antecedente o I Simposio Internacional Creando Redes, organizado por REUNI+D en 2013.

Na seguinte ligazón podedes atopar as Actas de Conectando redes. A relación entre a investigación e a práctica educativa; onde se recompilan os 76 traballos aceptados para a súa comunicación no Simposio que dan conta das cuestións que interesan e preocupan aos grupos de investigación relacionados coa educación, as súas técnicas de investigación e o desenvolvemento do coñecemento pedagóxico; visibilizando os estudos que realizan investigadores/ as e grupos de investigación do noso país.

https://reunid.eu/docs/ACTAS_CONECTANDO.pdf

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación neste encontro e neste libro.

 

Sen vós/ as non sería posible.