A  Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa ( REUNI+D), á cal pertence o Grupo de Investigación  Stellae, recollía o 22 de xaneiro o segundo premio na III convocatoria do Premio en Innovación educativa en  MOOCs 2018 polo  MOOC Tendencias en Innovación Educativa e Social.

Este Premio é convocado por  Miríadax, a primeira plataforma iberoamericana de  MOOCs (cursos  online, abertos e masivos) en español e portugués; impulsada por Telefónica Educación Dixital, coa colaboración da Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB). En recoñecemento e fomento da difusión do coñecemento en aberto para impulsar a transformación dixital no ámbito universitario.

Nesta III edición, presentáronse máis de 89 candidaturas de diferentes universidades e institucións iberoamericanas, de 44 universidades e oito países, o que supón un éxito participativo e todo un logro a obtención desta distinción.

Achegamos a ligazón do vídeo do discurso de Víctor Hernández, da Universidade da Lagoa,  na entrega de premios.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=6&v=2xsKljYLStM