Virginia Rodés, que defendeu a súa tese recentemente obtendo a calificación de cum laude; Adriana Gewerc, coordinadora do GI Stellae; e Martín Llamas, da Universidade de Vigo, publicaron o artigo “ University Teachers and Open Educational Resources: Case Studies from Latin America” en The International Review of Research in Open and Distributed Learning; unha revista electrónica de acceso aberto, indexada en JCR, Q1.
No cal describen os resultados dunha investigación na que analizaron as dimensións da adopción dos Recursos Educativos Abertos (REA) por parte de profesores universitarios nas súas prácticas pedagóxicas. Un estudo de 12 casos de universidades latinoamericanas, baseado na Teoría Fundamentada. Onde se evidencia que o uso e a reutilización dos REA carecen de políticas públicas e institucionais, sendo os principais axentes mestres organizados en equipos que apoian a adopción de REA, con motivacións principalmente intrínsecas, como o pracer derivado de contribuír e compartir, así como as necesidades relacionadas co desenvolvemento profesional da reflexión sobre a propia práctica educativa.
http://www.irrodl.org/index.php/irrodl/article/view/3853