imprimir

Virginia  Rodés, que defendeu a súa tese recentemente obtendo a calificación de  cum laude;  Adriana  Gewerc, coordinadora do  GI  Stellae; e Martín Llamas, da Universidade de Vigo, publicaron o artigo “ University  Teachers  and  Open  Educational  Resources: Case  Studies  from  Latin  America” en  The  International  Review  of  Research  in  Open  and  Distributed  Learning; unha revista electrónica de acceso aberto,  indexada en  JCR,  Q1.

No cal describen os resultados dunha investigación na que analizaron  as dimensións da adopción dos Recursos Educativos Abertos (REA) por parte de profesores universitarios nas súas prácticas pedagóxicas. Un estudo de 12 casos de universidades latinoamericanas, baseado na Teoría Fundamentada. Onde se evidencia que o uso e a reutilización dos REA carecen de políticas públicas e institucionais, sendo os principais axentes mestres organizados en equipos que apoian a adopción de REA, con motivacións principalmente intrínsecas, como o pracer derivado de contribuír e compartir, así como as necesidades relacionadas co desenvolvemento profesional da reflexión sobre a propia práctica educativa.

 

http://www.irrodl.org/index.php/irrodl/article/view/3853