Please enable JS
  • slider21.jpg

A pasada fin de semana, os días 29 e 30 de marzo, celebrouse o X Seminario Internacional de Avaliación de  Materiais Didácticos en Bertamiráns (Ames); organizada polo grupo de traballo  Cavila de  Nova  Escola  Galega ( NEG), en colaboración co Grupo de Investigación   Stellae e outras entidades.

Nesta edición, o Seminario titulouse “Que facer cos robots na escola e nos fogares?”  e, como é habitual, xerouse un espazo de encontro entre o profesorado e a comunidade educativa co obxectivo de favorecer a análise e utilización crítica de, neste caso, os robots nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria. Para iso reuníronse numerosos profesionais da educación e familias, un éxito de asistencia e participación que demostra a necesidade e preocupación pola avaliación de materiais e a temática desta edición; así como augura a necesidade de continuar con novas edicións.

No marco deste seminario de avaliación de materiais didácticos, Almudena Alonso, membro do Grupo  Stellae, impartiu o obradoiro “Resolución de problemas en Educación Infantil. Aprender xogando con robots” onde apostou por unha perspectiva crítica da elección e incorporación de robots na educación, incentivando ao profesorado e familias a avaliar os materiais empregados.