imprimir

O pasado 27 e 29 de marzo celebráronse na Facultade de Ciencias da Educación as V Xornadas de Innovación Educativa Rural nas que participou o profesor Jesús Rodríguez Rodríguez, membro do Grupo Stellae.

O obxectivo desta actividade foi afondar no coñecemento e difusión de boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, motivo polo que se presentaron os proxectos levados a cabo no concello de Xermade, na provincia de Lugo, nunha mesa redonda moderada por Jesús Rodríguez. O público asistente tivo a oportunidade de coñecer os traballos que dende hai 15 anos realiza, de maneira conxunta, a Asociación de Veciños de Cabreiros, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Xermade. Ademais, tamén se representou da man do grupo accidental Carballo Vivo (Friol) a obra de teatro titulada “Unha escola en branco en negro” e dirixida por José María Carricoba, na que se recrearon as características principais da escola franquista.

 

get('show_modify_date')) : ?> sublayout('modify_date', $displayData); ?>