Please enable JS
  • slider21.jpg

IARTEM, presidida polo membro do grupo Stellae Jesús Rodríguez, e o Centro Nacional Danés de Excelencia de Recursos de Aprendizaxe anuncian a 15ª Conferencia Internacional sobre Libros de Textos e Medios Educativos que se celebrará na University College Lillebaelt en Odense, Dinamarca, do 11 ao 13 de setembro de 2019.

O tema da conferencia é: Investigación de libros de texto e medios educativos dende múltiples perspectivas: análise dos textos, estudo do uso e determinación do impacto.

A conferencia estará aberta a profesionais de todo o mundo que traballen no campo da investigación e o desenvolvemento de libros de texto e materiais educativos. O programa incluirá un curso intensivo para os estudantes de doutoramento que se celebrará o 10 de setembro.

A data límite para a presentación de resumos remata o 20 de abril. Aceptaranse textos en inglés, español e portugués. O programa final estará dispoñible nos próximos días.

Máis información: www.iartem.org