Please enable JS
  • slider21.jpg

A pasada semana celebrouse na University College Lillebaelt en Odense (Dinamarca) a 15ª Conferencia Internacional sobre Libros de Texto e Medios Educativos organizada pola IARTEM.

Un dos actos máis relevantes desta conferencia foi a presentación do libro IARTEM 1991-2016: 25 years developing textbook and educational media research, coordinado por Jesús Rodríguez Rodríguez (membro do grupo Stellae), Tania Braga García e Eric Bruillard. Esta obra recolle a voz de 25 investigadores e investigadoras que durante o período sinalado compartiron inquedanzas, preocupacións e reflexións sobre os materiais didácticos e os libros de texto.

Suso Iartem Rec

Así mesmo, Jesús Rodríguez Rodríguez, despois de catro anos de intenso traballo, cedeulle a presidencia da IARTEM ao profesor Eric Bruillard aínda que continuará á fronte das iniciativas con Latinoamérica e seguirá formando parte do equipo de traballo da revista E-journal.

Tamén cabe destacar que nesta Conferencia Internacional o grupo Stellae tivo un gran protagonismo nas diferentes mesas de comunicacións nas que se presentaron os seguintes traballos:

  • “Revisión da literatura no contexto internacional sobre investigacións relacionadas con Materiais Didácticos Dixitais, Tecnoloxías da Información e a Comunicación e Educación Física” de Alberto Sanmiguel, Carmen Denébola Álvarez e Jesús Rodríguez.
  • “Materiais didácticos en aulas hospitalarias: unha proposta para satisfacer as necesidades específicas do seu alumnado” de Jesús Rodríguez, Yésica Teijeiro e Antía Cores.
  • “Tendencias de investigación sobre os libros de texto de música abordadas no I Simposio de Educación Musical e Materiais Didácticos” de Rosa Vicente e Guilherme Romanelli.
  • “A visión dos responsables de desenvolver materiais didácticos en contextos educativos municipais” de Carmen Denébola Álvarez e Jesús Rodríguez.
  • “Análise das características dos materiais didácticos dixitais utilizados e creados polos propios docentes: estudo de caso de dúas escolas de Educación Primaria de Galicia (España)” de Jesús Rodríguez, Carmen Denébola Álvarez e Montserrat Castro.

denébola iartem  Maleta Odense