Os días 3 e 4 de decembro contaremos na Facultade de Ciencias da Educación (USC) coa presenza da Dra. Virginia Rodés, da Universidade da República (Uruguai) e membro do G.I. Stellae. Durante estes días impartirá un curso de formación sobre Teoría Fundamentada, no cal se propón introducir o método da Teoría Fundamentada no marco da análise de datos cualitativos. Realizarase un breve percorrido polos principais procedementos, procesos e compoñentes do método, para logo traballar en base a exemplos e casos prácticos aplicados ao campo da investigación educativa.
O obradoiro, dirixido a investigadoras/res, docentes e estudantes avanzadas/dos, terá unha duración de 8 horas, en horario de 10.00 h. a 14.00 h, e impartirase na aula Sarmiento. Coa seguinte programación:
Día 3 de decembro (10.00 h. – 14.00 h.)
- A Teoría Fundamentada na investigación cualitativa.
- O deseño metodolóxico de investigación.
- Procesos: descrición, ordenamento conceptual e desenvolvemento da teoría.
- Procedementos de análises: codificación aberta, axial e selectiva; memorandos teóricos, metodolóxicos e de campo; construción de categorías emerxentes; establecemento dunha teoría fundamentada nos datos.
- Exemplos de análises de datos cualitativos con base na Teoría Fundamentada en investigación educativa.
- Aplicación da Teoría Fundamentada en casos prácticos de investigación achegados polos/ as participantes.
Día 4 de decembro (10.00 h. – 14.00 h.)
- Mostraxe teórica: métodos de selección de casos; método de comparación constante.
- A revisión de literatura na Teoría Fundamentada.
- Exemplos de análises de datos cualitativos con base na Teoría Fundamentada en investigación educativa.
- Exemplos de presentación de resultados na Teoría Fundamentada.
- Aplicación da Teoría Fundamentada en casos prácticos de investigación achegados polos/ as participantes.
O número de prazas é limitado polo que se roga a inscrición previa, dirixíndose ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.