Please enable JS
  • slider21.jpg

Jesús Rodríguez, Rosa Mª Vicente e Antía Cores son os coordinadores, xunto con Guilherme Gabriel Romanelli (Universidade Federal de Paraná), do último monográfico que a Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa (RELATEC, vol. 18, nº2) publicou o pasado mes de decembro.

Neste monográfico recóllense un total de oito artigos sobre os materiais didácticos dixitais de Educación Musical, abordándose esta temática en diferentes niveis e réximes de ensino: Educación Primaria, Educación Secundaria, ensino universitario e ensinanzas de réxime especial (conservatorio). Así mesmo, recóllense as achegas de investigadores internacionais cos artigos de Yoo Ji Hwang e Beatriz Ilari da Universidade de California (USA), Guilherme Gabriel Romanelli da Universidade Federal de Paraná (Brasil) e Vânia Marieta Pereira Ferreira do Agrupamiento de Escuelas Alberto Sampaio (Portugal).

Deixámosvos aquí a ligazón coa que poderedes acceder aos diferentes artigos: https://relatec.unex.es/article/view/3639

  • Deseño, implantación e avaliación dunha intervención de formación en tecnoloxía musical baseada en TPACK e ABP na formación inicial do profesorado de música de Educación Secundaria. Jesús Tejada e Tomás Thayer.
  • A percepción dos docentes de Primaria sobre os materiais didácticos dixitais musicais. Rosa María Vicente Álvarez, Antía Cores Torres e Jesús Rodríguez Rodríguez.
  • Uso de plataformas de vídeo en liña (OVPs) por profesores de música no deseño didáctico e a práctica educativa. Yooji Hwang e Beatriz Ilari.
  • Entre o dixital e o impreso: perspectivas en libros de texto e medios para a educación musical en Brasil. Gluiherme Gabriel Romanelli.
  • Repositorios de materiais dixitais musicais de carácter aberto en Portugal. Vânia Marieta Pereira Ferreira.
  • Aplicación da “Técnica Alexander” en aulas de violín e viola. Análise do seu impacto mediante materiais audiovisuais. Lucía Echeverría de Miguel e Ángel San Martín Alonso.
  • Impacto do uso de materiais audiovisuais para a aprendizaxe de danzas e bailes tradicionais na formación de estudantes universitarios. Carol Gillanders, José Eugenio Rodríguez Fernández e Raúl Eirín Nemiña.
  • Análise da transmisión cultural dos libros de texto de música en Educación Primaria. Clara Martínez Delgado.

Revista Relatec 182