imprimir

Uxía Regueira e Almudena Alonso-Ferreiro, membros do grupo  Stellae, xunto a Sergio Dá-Vila, publicaron o artigo “A muller en Youtube: Representación e participación a través da técnica Web  Scraping”.

Neste analízase a presenza da muller, como produtora e consumidora de contido, en Youtube. Sendo a plataforma un dos novos espazos de participación e o máis frecuentado por  preadolescentes e adolescentes. 

Os resultados evidencian a escasa representación feminina entre as canles con maior número de visualizacións e subscritores, así como unha menor presenza de público feminino. Ambos os roles aparecen asociados maioritariamente a contidos  estereotipados, pero é aquel contido ligado ao estereotipo feminino o que conta cun menor recoñecemento.

O estudo pon de manifesto que Youtube, plataforma representativa dos novos espazos de participación  online, reproduce as estruturas de poder de xénero dos medios tradicionais e reclama unha educación mediática crítica que loite contra as representacións sexistas, os estereotipos e a insuficiente representación feminina en espazos públicos.

Este enmárcase no monográfico Igualdade de xénero, medios e educación: Unha alianza global necesaria, que se publicará no nº 63 da Revista Comunicar, pero ao que xa tedes acceso no link:

https://www.revistacomunicar.com/index.php?contenido=preimpreso&doi=10.3916/C63-2020-03

Monografico comunicar