Please enable JS
  • slider21.jpg

Donatella  Persico,  Marcello  Passarelli,  Flavio  Manganello, Adriana  Gewerc  Barujel & Ana Rodríguez Groba (as dúas últimas autoras, membros de  Stellae) acaban de publicar o artigo “The  participatory  dimension  of  teachers’  self- regulated  professional  learning  about  learning  design:  beliefs  versus  behaviours” na revista “ Professional  Development  in  Education” ( indexada en  SCOPUS).

O artigo emerxe das estancias de investigación realizadas nos intercambios entre Génova e Santiago de Compostela, móstranse os datos dunha enquisa que investiga as crenzas e os comportamentos, dunha mostra de 238 mestres en servizo en Italia e España, con respecto ao Deseño de Aprendizaxe. O estudo parte do marco teórico das 4C para a aprendizaxe profesional  autorregulado, que distingue entre os comportamentos de consumo, creación, conexión e contribución. A conclusión principal é que, polo menos nas poboacións docentes dos dous países involucrados, a cultura participativa de Deseño da Aprendizaxe está lonxe de ser unha realidade, a pesar de ser fortemente defendida na literatura.

Podes acceder ao artigo aquí: “ https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/19415257.2020.1787193

 

portada revista