Please enable JS
  • slider21.jpg

Publicouse o libro Caminos y derivas para otra investigación educativa y social, baixo a coordinación de Juana María Sancho Gil, Fernando Hernández y Hernández, Lourdes Montero Mesa (membro do G.I. Stellae), Juan de Pablos Pons, José Ignacio Rivas-Flores y Almudena Ocaña Fernández; na editorial Octaedro.

Este texto é unha das achegas da rede de excelencia REUNI+D, configurada por once grupos de investigación do campo da educación de diferentes universidades, entre os cal se atopa o grupo de investigación Stellae.

Ao longo dos seus 19 capítulos, considéranse posicionamentos ontoepistemolóxicos, metodolóxicos e éticos pouco coñecidos na investigación educativa e social, á vez que comparte perspectivas metodolóxicas diversas, máis aló dos dualismos reduccionistas «cuali» e «cuanti».

handbook

 

Na seguinte ligazón pode consultarse información adicional sobre o índice, o texto e autores do libro: https://octaedro.com/libro/caminos-y-derivas-para-otra-investigacion-educativa-y-social