Please enable JS
  • slider21.jpg

A rede internacional Global OER Graduate Network (GO-GN) otorgou a Virginia Rodés, integrante do Grupo de Investigación Stellae, unha bolsa para o desenvolvemento dunha proposta de investigación ao longo dun período de seis meses. GO-GN apoia aos beneficiarios durante o seu proceso de investigación tanto no seu recoñecemento como na organización de seminarios rexionais e na asistencia a conferencias.

O proxecto premiado a Virginia e sobre o que terá que traballar este tempo aborda a adopción de repositorios e recursos educativos abertos para superar a crise educativa durante a pandemia de COVID-19 por parte de profesores de K12 en Uruguay.

Para coñecer en maior profundidade a proposta de investigación de Virginia ademais, dos traballos presentados polas outras tres beneficiarias, o próximo mércores 14 de outubro GO-GN organiza un seminario do que se pode obter información no seguinte enlace: http://go-gn.net/gogn/meet-our-first-go-gn-fellows/

descarga

Virginia

Para consultar esta información: http://go-gn.net/gogn/meet-our-first-go-gn-fellows/